Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Publicado pola Xunta o quinto e derradeiro número das ‘Guías DXT’

Sobre a organización de competicións e calendarios en tempos da pandemia de COVID

Santiago. A Xunta de Galicia vén de publicar o quinto e derradeiro número das Guías DXT Galego Volvendo con sentidiño elaboradas pola Secretaría Xeral para o Deporte e expertos universitarios baixo a coordinación do catedrático da Universidade da Coruña, Rafael Martín Acero, que xa foi enviado a todos os clubs e federacións de Galicia e pode ser consultado na páxina web do Deporte Galego. Este quinto manual versa sobre Flexi-organización de competicións e calendarios en tempos de Covid-19: sistema iterativo de competición modular (SíCoM-DXT Galego).

A quinta guía propón este sistema iterativo de competición modular que permite pensar a cada órgano federativo competente como se podería flexi-organizar na repetición de móduos de competición, e ordenar e pautar o calendario das competicións de tal xeito que, se fose preciso un novo “parón”, este non impedise continuar sen ter que “volver atrás” á vez que se garantan os dereitos deportivos dos competidores. Realizaron o traballo Rafael Martín Acero, Dan Río Rodríguez, Joaquín Gómez Varela e Javier Rico Díaz, da Secretaría Xeral para o Deporte e a Universidade de Santiago.

Esta guía é a quinta e definitiva dunha serie que completa o documento único que contribuirá a reactivar os adestramentos e competicións das arredor de 300 especialidades deportivas que se practican en Galicia e a recuperar o músculo do deporte galego, así como a plenitude física e psíquica de federacións, clubs e deportistas. ECG

24 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.