Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Santiago, capital nesta fin de semana do espectáculo do Campionato de Enduro

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou onte no Concello de Santiago a última proba do Campionato de España de Enduro que terá lugar en Compostela nesta vindeira fin de semana, desde hoxe e ata o domingo..

O mandatario galego recordou “o éxito deportivo e organizativo” acadado por Galicia na celebración de probas mundiais de enduro como aconteceu nos pasados anos 2018, 2019 e neste 2022 en Santiago por dúas veces e en Lalín, que acolleron o Gran Premio de España do Mundial de Enduro.

Lete Lasa destacou tamén a aposta das distintas federacións nacionais e internacionais polo deporte galego antes e despois da pandemia, que fala da excelente xestión realizada durante a crise do coronavirus e como mostra referiuse a esta última proba do Campionato de España de Enduro que ademais, terá un valor dobre e decidirá os títulos nacionais de todas as categorías.

O secretario xeral para o Deporte ratificou o apoio da Xunta de Galicia polo motociclismo galego que conta con nomes de gran importancia mundial como os de Jorge Prado e Rubén Fernández que veñen de rematar terceiro e sétimo no mundial de motocross MXGP ou Gabriel Marcelli e Jorge Casales, terceiro e cuarto no Campionato de España de trial.

E salientou a Galicia como berce dos mellores pilotos pero tamén dos mellores eventos de motociclismo na presentación do nacional de enduro. Neste acto tamén estivo presente a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, entre outros persoeiros.

18 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.