Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Soledad Castro, prata mundial en carreiras de montaña de nivel máster

ATLETISMO. A pasada fin de semana desenvolveuse na localidade irlandesa de Clommel a disputa do Campionato do mundo máster de carreiras de montaña á cuxa cita acudían dous atletas da nosa Comunidade.

Na categoría femenina, a corredora do Comesaña Sporting Club Soledad Castro Soliño, lograba conquistar o subcampionato mundial na categoría W55 logo de invertir un rexistro de 50:53 e ceder tan só ante a italina Nicoleta Ferrari por unha estreira marxe de tres segundos na liña de meta.

amplía un notable palmarés Con este novo podio a atleta viguesa Soledad Castro, e unha das máis carismáticas do escenario atlético galego (xa foi quen de destacar en varias edicións na Carreira Pedestre de Santiago creada por este xornal), amplía un notable palmarés entre cuxos logros destacan varios campionatos do mundo e campionatos europeos tanto en pista de aire libre como en campo a través.

O outro representante galego deste campionato encadrado na categoría M40, Miguel Gómez Rodríguez, remataba no posto 35º cun rexistro de 58:57 nunha proba gañada polo británico Thomas Roach con 42:00 na meta de Clommel. REDACCIÓN

09 sep 2022 / 00:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.