Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Team Vilariño, pioneiro nos oito ralis do FIA ERC

PRIMEIRO GALEGO A estrutura do equipo galego de ralis Team Vilariño, encabezada polo piloto de Palas de Rei Luis Vilariño García e o copiloto asturiano Álex Kuku Noriega, converterase esta tempada no primeiro equipo galego que afrontará a totalidade do FIA European Rally Championship (ERC), considerado “o segundo escalón máis alto do automobilismo mundial tras o WRC” e cun “esixente calendario” que inclúe oito ralis en sete países: Portugal, Polonia, Letonia, Italia, República Checa, Hungría e España. “Estamos moi ilusionados con este novo e ambicioso proxecto que plantexamos a dous anos vista e que ten unha gran parte de aventura, pero tamén outra de compromiso profesional importante, e por iso estamos a traballar nesta pretempada como nunca o fixeramos para poñer o foco no ERC, sen deixar de lado tampouco o Supercampionato de España”, explica Luis Vilariño.

Tras disputar “con boas sensacións” o Rali de Lloret de Mar e despois dos test realizados en Pobra de Trives e Cantabria, Luis Vilariño e Kuku Noriega ultiman a posta a punto do Skoda Fabia R5 Evo2 co que debutarán no ERC, no 55.º Rali de Azores, o vindeiro 6 de mayo. Ata entón disputarán dúas probas do Supercampionato de España (S-CER): o Rali Sierra Morena de Córdoba, os días 10 e 11 de abril, e o Rali Tierras Altas de Lorca, o 24 e 25 de abril. ecg

05 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.