Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Terceira RFEF inaugurará o curso do fútbol autonómico o 12 de setembro

A Federación Galega marca a data de inicio das principais divisións do ámbito masculino

A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) xa ten data de comezo para a temporada 2021/22 nas principais competicións masculinas de ámbito autonómico, sempre baixo o condicionante da evolución sanitaria por mor da pandemia de COVID. A intención é que a campaña comece co proceso de vacinación moi adiantado e coa maioría de futbolistas xa inmunizados completamente.

Así, a nova Terceira RFEF iniciarase o fin de semana do 12 de setembro, mentres que a Preferente Galicia disputará a primeira xornada entre o 19 e o 26 do mesmo mes. Primeira Galicia comezará o 10 ou 17 de outubro, mentres que a data da Liga Nacional Xuvenil será o 19 de setembro, unha semana antes que a Liga Galega Xuvenil. A División de Honra Cadete e a Liga Galega Cadete estrearanse o 3 de outubro, e a Liga Galega Infantil, entre o 26 de setembro e o 3 de outubro.

Todo o plan está suxeito a posibles modificacións pola evolución da pandemia, e a RFGF insta a todos os clubes a inscribirse na categoría que lles corresponda para poder perfilar canto antes o plan competicional. O prazo abriuse este mesmo mércores.

Neste momento non hai cambios no protocolo sanitario co que rematou a tempada anterior, e o organismo autonómico mantén o seu compromiso de ampliar o programa Alento cunha serie de axudas directas para que os clubes do fútbol afeccionado galego poidan facer fronte a todos os gastos extraordinarios motivados pola pandemia de coronavirus.

21 jul 2021 / 18:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.