Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Teresa Portela e Susana Rodríguez, homenaxeadas pola Universidade de Vigo

Recoñecemento da Facultade de Fisioterapia, na que cursaron estudos // Lete Lasa destaca a capacidade das dúas olímpicas

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou onte no acto extraordinario de homenaxe ás egresadas olímpicas Susana Rodríguez Gacio e Teresa Portela Rivas da Facultade de Fisioterapia da Universidade de Vigo, tras a súa excelente participación nos Xogos de Toquio, onde a padexeira canguesa acadou unha medalla de prata no K1 200 e a corredora viguesa logrou a medalla de ouro en paratríatlon ademais dun diploma olímpico nos 1.500 metros. O acto contou coa participación, asemade, do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa.

Lete Lasa destacou a capacidade deportiva e académica das dúas deportistas galegas que ao longo da súa vida, como na Grecia clásica, souberon cultivar tanto a súas destrezas físicas como intelectuais. Deste xeito, o seu currículo amosa inigualables éxitos deportivos, pero tamén éxitos académicos, que acadaron en aulas como a Magna da Facultade de Fisioterapia que acolleu a homenaxe.

Ademais do seu Grado en Fisioterapia, Teresa Portela é diplomada en Maxisterio de Educación Física e está a estudar Ciencias dos Alimentos. Pola súa banda, Susana Rodríguez Gacio tamén é médico pola USC. Lete Lasa pediulles a ambas que non abandonen “os camiños do deporte e da educación, porque supoñen unha gran satisfacción persoal” e porque Galicia “necesítavos tanto nun ámbito coma no outro”.

O mandatario galego amosou o seu convencemento de que os éxitos tanto de Susana Rodríguez Gacio como de Teresa Portela, a deportista española con máis participacións olímpicas, seis, seguirán producíndose como ata o de agora e que, se seguro, nos Xogos de París 2024, ambas as dúas “farán máis grande unha historia que, a día de hoxe, xa é inmensa”.

“Ogallá esas dúas escolas, a física e a académica, sigan levándovos tan lonxe como queirades. Dúas escolas fundamentais na vida e que en Galicia se fusionan no Centro Galego de Tecnificación Deportiva que sempre foi a vosa casa e que o seguirá sendo”, sentenciou o secretario xeral para o Deporte.

16 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.