Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vicente del Bosque, co mellor equipo de adestradores no ‘Camiño do Fútbol’

Preséntase no Hostal o congreso das federacións española e galega, que apadriña o exseleccionador, quen recibiu a Medalla de Ouro da RFGF // O evento, o 12 e 13-N// Asistiron ao acto Alfonso Rueda, Rafael Louzán, Esther Pedrosa e Sindo Guinarte

O Hostal dos Reis Católicos acolleu este venres a presentación do congreso internacional O Camiño do Fútbol, que organizan a Real Federación Galega e a Real Federación Española de Fútbol no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia de Santiago os días 12 e 13 de novembro. O evento congregará a formadores de primeiro nivel que abordarán o camiño do fútbol profesional desde diferentes perspectivas: adestradores, árbitros, analistas, preparadores de porteiros, seleccionadores, directores deportivos, preparadores físicos, psicólogos deportivos...

Á presentación asistiron Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta; Rafael Louzán, presidente da RFGF; Sindo Guinarte, concelleiro de Turismo de Santiago; Esther Pedrosa, concelleira de Deportes; e o exadestrador da selección española e do Real Madrid, Vicente del Bosque, padriño do congreso, que recibiu a Medalla de Ouro da RFGF. Tamén quixeron respaldar a Del Bosque un bo número de dirixentes e responsables dos clubs galegos das categorías nacionais, e os patrocinadores do Congreso.

Louzán abriu a quenda de intervencións agradecendo de todo corazón a Vicente del Bosque aceptar ser o padriño do congreso con “esa naturalidade e humildade que sempre o engrandece”. O presidente da RFGF destacou que con este acto se dá “o pistoletazo de saída para poñer a Galicia no ámbito do fútbol mundial”.

Guinarte agradeceu a escolla de Santiago de Compostela como sede, “a cidade leva case mil anos recibindo ás persoas que chegan ata nós desde todos os Camiños”. É a primeira vez que Santiago acolle un congreso de fútbol.

Rueda lembrou que desde 2014, Del Bosque ostenta o título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago con carácter vitalicio, outorgada pola Xunta.

Na mesa redonda posterior, departiron sobre o congreso e sobre a súa vinculación ao Camiño de Santiago, así como o alto nivel do plantel de relatores. Vicente del Bosque celebrou poder formar parte dun evento vital para a preparación dos adestradores que teñen que renovar as súas licenzas ou que inician a súa formación.

Tamén houbo tempo parafalar da actualidade. Del Bosve a Xavi ve “moi preparado” a Xavi para dirixir o Barça. E dos grandes éxitos do técnico coa selección (Mundial, Eurocopa) ou co Real Madrid (Ligas de Campións). Do VAR, que “chega para axudar”... e das persoas anónimas que traballan polo fútbol.

No congreso vanse revaluar e activar as licencias UEFA. Trátase da primeira vez que se celebra fóra de Madrid. O Camiño do Fútbol poderase seguir de xeito presencial, con aforo limitado polo covid, e online vía streaming. As entradas poden adquirirse xa a través da súa páxina web ao prezo de 120 euros.

O evento conta co apoio da Xunta de Galicia, do Xacobeo 21-22 e do Concello de Santiago como patrocinadores principais.

XUNTA/APOIO
A marca Galicia no mundo

··· Alfonso Rueda destacou que o congreso dará a coñecer a marca Galicia en todo o mundo. Salientou que o evento, ao que asistirán uns 500 profesionais de todo o orbe, con relatores de relevo internacional, suporá unha oportunidade única “para potenciar Galicia como destino turístico seguro e dar a coñecer o Xacobeo en todo o mundo”. “O fútbol fomenta o compañeirismo e o Camiño é convivencia en estado puro”, indicou.

··· Para Rueda, o congreso en Galicia ratifica non só a recuperación da actividade turística e a progresiva chegada de fluxos internacionais, senón tamén a reactivación do turismo de negocios e eventos, que este ano recibiu 800.000 € de axudas da Xunta.

29 oct 2021 / 21:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.