Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xunta e federacións xa traballan en identificar contaxios do covid-19

Lete Lasa presidiu onte a xuntanza coas 58 entidades que dirixen o deporte galego

Santiago. A Secretaría Xeral para o Deporte, no nome do seu titular, José Ramón Lete Lasa, mantivo onte unha xuntanza de traballo coas 58 federacións deportivas galegas para abordar a ferramenta de identificación de situacións deportivas de contaxio do covid-19 no deporte galego -FISICOVID-19 DXTGALEGO-.

Nesta reunión coral, as 58 entidades debateron coa Xunta sobre as categorías de diagnose de situación de contaxio e a estrutura da plataforma para comezar a valorar as primeiras situacións de contaxio, estudalas e axustar a ferramenta para o seu óptimo uso.

Lete Lasa puxo a disposición das federacións “todo o apoio e asesoramento necesarios para construír esta ferramenta de modo conxunto”. “Hoxe comezamos unha tarefa moi importante, moi útil e moi produtiva” para que o deporte galego comece a súa reactivación, dixo.

A Xunta de Galicia traballa nun titorial da ferramenta que lle remitirá ás federacións nos vindeiros días para a súa aplicación inmediata.

Este manual ten como obxectivo a identificación de situacións potenciais de contaxio do covid-19 tanto na práctica libre e adestramentos como na competición, atendendo ás vías recoñecidas ata o momento polas autoridades sanitarias; a análise das posibilidades de tratamento por parte do tecido deportivo; e a proposta de medidas de tratamento do risco de contaxio adaptadas á casuística, e que formen parte dun protocolo.

Para Rafa Martín Acero, catedrático da Universidade da Coruña e doutor en Educación Física que forma parte do grupo de expertos que traballan no Plan de Reactivación do Deporte Galego, esta crise “aseméllase a unha catástrofe natural polo que temos que activar medidas de reconstrución e aceleración”.

No caso do deporte galego, a resiliencia dinámica -velocidade da volta á normalidade- deberá deseñar programas para a reapertura, co valor engadido de minimizar riscos, para a readaptación, así como para a resistencia e a reconstrución. O traballo debe realizarse, dixo, con lealtade institucional, compromiso e rigor.

Outros expertos no grupode traballo son Joaquín Varela ou Dan Río. ecg

22 may 2020 / 22:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito