Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Yago recoñece que lle chegaron “recados” pero aínda non ofertas

Escoitará a proposta do Compos antes que a calquera outro club // Prima o crecemento deportivo

Yago Iglesias asegura que escoitará a proposta do Compostela antes que a calquera outro equipo. O adestrador santiagués recoñece que por agora hai “dimes, diretes, rumores e recados que se van deixando”, pero aínda ninguna oferta en firme doutros clubs. Nas conversacións coa SD primará que o proxecto queira seguir medrando.

Negociacións. “Non todo son os cartos. Isto vai do proxecto, dos nomes que haxa de cara á tempada que vén, de obxectivos e de seguir crecendo. O primeiro día que me sentei no banco do Compostela, no 2016, falouse sempre de construír un proxecto que ano a ano fora mellorando. Hai que sentarse co club e escoitar ben a súa proposta”.

“Hai xogadores que se revalorizaron e van ter ofertas. Os xogadores que renovaron teñen unhas melloras económicas. Os que rematan e renoven, tamén terán mellora económica. Entendemos que o corpo técnico somos parte implícita no bo ano e cremos que tamén merecemos ter ese cariño e ese recoñecemento”.

Novas metas. “Eu quero seguir crecendo como adestrador, todo o que sexa mellorar no ámbito deportivo seguramente estea por enriba do ámbito económico. Non está só na miña man, o club ten moito que dicir niso”.

Próxima semana. “Falei un pouco con Manuel (Castiñeiras), unha idea, non nos sentamos a falar de verdade. Falaremos de verdade a semana que vén. Son cinco anos, en cinco anos pasan moitas cousas. Por sorte, persoalmente pasaron máis cousas boas que malas. As malas poden ser esas eliminatorias de play-off, irrisorias co bo que pasou. Esta tempada foi colofón, pero non porque me estea despedindo. A versión 5.0 do Compostela está a un nivel altísimo, e para seguir crecendo hai que mellorar”.

Ofertas. “Por agora son dimes, diretes, rumores e recados que se van deixando. Primeiro quero escoitar a proposta do club, cal é o seguinte nivel que o club quere formar. A estas alturas non lle dou maior importancia porque son rumores”.

Yago Iglesias tamén abordou a actualidade nas horas previas a disputar o derradeiro partido da tempada, o sábado contra o Langreo (Nuevo Ganzábal, 18.00 horas).

Baixas. “Josiño, Juampa e Hugo. O resto estarían. Joel está adestrando, ten a alta médica pero deportiva aínda non, non ten o ritmo suficiente para poder facer fronte á competición”.

Última semana. “Fixemos unha semana un pouqiño distinta en canto a restarlle importancia ao partido, centrarnos un pouquiño en disfrutar dos adestramentos e ter boas sensacións. O equipo adestrou ben. Queremos acabar o ano con boas sensacións pero sabemos que é difícil, sendo o último partido da tempada están moi próximas as vacacións e todo o mundo as quere coller canto antes e precísaas. Intentaremos ser competitivos, eu veo xo equipo nesa liña”

Motivación. “Hai que buscar motivacións. Dentro do vestiario, de nós mesmos, queremos ser o máis competitivos posible. Pero se hai que buscar motivación intrínseca será ser quen de conseguir unha vitoria nesta segunda fase e non ocupar ese farolillo vermello”.

Cambios e rival. “Somos a plantilla que somos e temos catro baixas que nos coartan esas posibles variantes a nivel de nomes, pero imos ir a Langreo cun equipo diferente ao do resto da tempada O Langreo vén dunha derrota contra o Deportivo, abultada, e seguro que quere acabar ben o ano. Adiantamos para sábado para acabar a tempada e poñer o foco na seguinte”.

06 may 2021 / 19:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.