Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
17 de Maio, Día das Letras Galegas

Ricardo Carballo (Carvalho) Calero

Ver aquí o suplemento completo. Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990) é unha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX, en especial pola súa contribución ao estudo da literatura galega, polo maxisterio que exerceu como primeiro profesor e catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega e pola influencia que atinxiron as súas ideas sobre o idioma galego. Unha traxectoria tan rica e intensa non é doada de resumir nos límites dunha aproximación necesariamente sintética coma a presente, polo que quedarán fóra aspectos merecentes de atención e matices de relevo. Ao final desta achega ofrecerase unha bibliografía selectiva, ordenada por xéneros e, dentro de cada apartado, por secuencia cronolóxica. Para simplificar unha presentación esquemática, a súa traxectoria vital pode dividirse en cinco tramos, de duración desigual: a) infancia e adolescencia en Ferrol (1910-1926), b) xuventude estudantil en Compostela (1926-1932) e iniciación á vida adulta en Ferrol (1932- 1936), c) o tempo das tribulacións, marcado polo trauma da guerra e as represalias da posguerra (1936-1950), d) madureza, cunha primeira etapa centrada no colexio Fingoi de Lugo (1950-1960), seguida dun período de plenitude (1960-1980), que atinxe o seu clímax tras o seu establecemento como profesor en Compostela (1965) e, sobre todo, cando gaña a cadeira universitaria de Lingüística e Literatura Galega (1972), cidade esta que se tornaría en residencia definitiva despois da súa xubilación oficial, e) que lle permitiu desenvolver unha intensa actividade como orador e publicista ata o seu pasamento (1980-1990). Os sucesivos treitos da súa biografía corresponden de xeito aproximado coas catro etapas da súa fecunda traxectoria intelectual: anos de formación, compromiso galeguista e revelación como poeta (ata 1936), tempos de guerra, de prisión e de represión (ata 1950), dedicación intensa á historia e a crítica da literatura galega (ata 1980), atención prioritaria aos problemas da lingua e desenvolvemento da súa proposta reintegracionista (ata 1990). Obviamente, as distintas facetas da súa personalidade e as diferentes dimensións da súa carreira intelectual entrecrúzanse e solá- panse en cada etapa da súa traxectoria: o seu afán de estudoso e crítico literario espreita xa na primeira etapa da súa vida e non cederá ata o ocaso, mentres que o seu labor creativo —primeiro e sempre como poeta, despois tamén como narrador e autor teatral—foi incesante; as súas incursións lingüísticas.

24 mar 2021 / 13:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.