Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Un señor elegante, comprometido e solidario

“Un señor elegante”, un señor burgués, un gran cirurxián. Porén, descoñecido no eido cultural, social e político. Conservo na miña memoria paseando pola Ferradura no curso 59/60, Os anos escuros, de Franco Grande (Editorial Galaxia, 2004), co meu amigo o Dr. Tomas Raviña, que me di: “... aquel que vai alí co seu fillo e o Dr. Baltar”. Pouco sabiamos da denominada “clase médica compostelán”. Si nos soaban os sanatorios Baltar, Villar, Echeverri. Tamén Garcia Sabell era coñecido. Cada día acudían a Santiago, un mundo de persoas, transportadas a central do Edificio Castromil.

A personalidade de RamónBaltar (1902-1981), trazada por Suso de Toro, é dunha riqueza extraordinaria, e desde moitos puntos de vista: humano, profesional, cultural, social ou político. Abofé, que a súa descrición non a faría mellor un psicanalista. Cirurxián prestixioso (invitado polo sanatorio do Centro Galego de Buenos Aires), entregado a asistencia aos pobres no Hospital Real, gran coñecedor da rede hospitalaria española e europea, activista político, dirixente en Santiago da UIL (Unión de Intelectuais Libres), é encarcerado en Vigo e destituído como profesor universitario. Pasa polas mesmas dificultades académicasque sufrira o Dr. Cabaleiro Goas (1918-1977), nas súas oposicións a cátedra de Psiquiatría. Probas as que tiven ocasión de asistir en Madrid, en 1967, sempre amañadas, polo entón todopoderoso López Ibor.

O libro de Ramón Baltar: “Castelao ante la medicina, la enfermedad y la muerte, (Editorial de los Bibliofilos Gallegos,1979), entrou a formar parte da miña biblioteca. Curiosamente Filgueira Valverde, prologuista do libro, invitarame a formar parte da editorial na década dos 80, compartida con Francisco Javier Baltar Tojo.

A familia Baltar atesoura un sorprendente patrimonio cultural e humano. Benfeitora, que en distintos momentos, protexe a familia de Rosalía de Castro e Murguía, á familia Castelao e a de Dieste. Baltar forma parte da creación de Bibliófilos Gallegos, do Padroado Rosalía de Castro e vai a Madrid no 36 cando se entrega o Estatuto de Galicia.

Un señor elegante, narración que chega do s. XIX e atravesa o s. XX galego, español e europeo. As situacións e momentos tan significativos, polos que transcorre a vida de Baltar, son comentados polo propio autor da novela como: “unha vida construída e reconstruída... dun personaxe agochado que había que rescatare contar... como unha terapia familiar e para o meu pais”. Novela sorprendente e abraiante nada fácil de dixerir, que non abundan na nosa literatura, onde os relatos curtos soen ser maxistrais. Un señor elegante, reflicte a un personaxe que acaba por entusiasmarnos. Traballador incansable, sempre tiña tempo para ler e escribir. Patriarca dunha familia numerosa, morre xusto en 1981, cando Tejero asalta o Parlamento o 23 de febreiro. O seu irmán Antonio Baltar (1906-1970), republicano, médico investigador, exiliase na Arxentina onde funda un sanatorio en Avellaneda co Dr. Gumersindo Sánchez Guisande (santiagués e médico de Castelao).

Ramón Baltar, tivo que sortear, un sen fin de circunstancias adversas. Para o autor da novela: “...non é unha vítima. O contrario, é un modelo de resistente, un modelo tamén ético...da súa propia persoa en todo momento...defendendo diante de Franco que non se pechara o Hospital Real de cara a transformalo no hoxe Hostal dos Reis Católicos”.

A complicidade de Baltar a redor, dun plan, dunha emboscada para matar a Franco?Hai documentación sorprendente que atopou –o autor- no curso das súas investigacións. Responde, é un tema delicado que lle ocasionou problemas coa familia”. Se pregunta, como lle podería contar tal suceso a familia? Un episodio totalmente descoñecido, que nos impresiona, e que o autor, atopa no libro: Los años de plomo, sobre la historia del partido Comunista, de Fernando Hernando Sánche

27 dic 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito