Ana é Belén en Chorente, unha rapaza da aldea
Acompañada polos seus pais, a frentista iniciou unha “ilusionante” campaña na súa aldea na que medrou. Un lugar que lle deu “humildade e valores”.

Ana Belén Pontón Mondelo, escoltada por Aurita e Luis –uns pais cumpridos de orgullo–. Foto: Eliseo Trigo / Mateo Garrido
Mateo Garrido
Ana Pontón decidiu dar comezo á campaña electoral do 12-X na súa aldea natal, Chorente, no lucense concello de Sarria. Alí organizou un almorzo cos medios de comunicación na eira da vella casa familiar construída en 1904 polo seu bisavó, tras a tradicional pegada de carteis realizada no noite do xoves. Unha elección que reflexa o seu compromiso co medio rural e a identificación coas súas orixes.
Ana é Belén na súa aldea. Así a chaman os seus pais, Aurita e Luis, que a acompañaron na primeira mañán de contenda electoral. “Pudo chegar a chamarse María”, confesou Aurita. Unha idea que desbotou a súa avoa dicindo que “era un nome de vella”. A historia da nena Belén, ben podería ser ilustrada coas históricas verbas coas que Neira Vilas comezou a súa obra mestra: “Ola, son Belén. Unha rapaza da aldea. Coma quen di, unha ninguén. E ademais, pobre”.
Coas pitas rondando e o muxir de vacas como música ambiental, Pontón, terceira de catro irmáns, contou aos xornalistas como de nena regresaba ao mediodía do colexio de Oural para xantar na vivenda familiar, “porque non había cartos” para poder quedarse a comer no comedor escolar. Un traxecto dun quilómetro que en moitas ocasións facía cargando coa súa irmá pequena. En verbas da súa nai Aurita, a candidata nacionalista foi “unha nena moi boa aínda que algo traste”, e que destacou dende ben pronto no gusto pola lectura –que herdou da súa avoa, coa que compartía habitación– e polos seus bós resultados académicos. “Non se conformaba nin cun notable”, bromeaban os pais.
Unha cultura do esforzo que lle inculcou Luís, o seu pai, antigo traballador da cementeira de Oural que lle fixo ver á súa filla que “coa soberbia non se vai a ningures”, mentres que con esforzo e traballo pódese chegar a calquer lado, a pesares dos prexuízos. “Ensináronme a importancia de loitar polo que cres: aínda que moitos dicían que non podía, por falar galego ou por ser da aldea; non me quedei aí e sempre seguín adiante con confianza en quen era, con honradez e honestidade, como aprendín en casa”, explicou Pontón.
A súa vocación política chegou dende ben nova. Con 16 anos afiliouse a Galiza Nova, consciente de que o nacionalismo “daba resposta a inquedanzas como a discriminación ao galego e propoñía un modelo de país alternativo”, explicou. Porque segundo Ana Pontón “pódese confiar no país ou non facelo como o Partido Popular”.
Preguntada sobre a coincidencia con Feijóo en abrir a campaña na súa vila natal, Ana sorrí con ironía sabendo que de nada valen os xestos se detrás non están os feitos. “Feijóo prometeu unha lexislatura do rural, e o rural está agora peor que nunca”, explicou. Non obstante o compromiso de Pontón co rural está lonxe de ser unha cuestión romántica, “temos moito potencial e hai que aproveitalo, apoiando as actividades económicas primarias pero tamén apostar pola diversificación. O que non pode ser o rural é un medio produtivo nas mans de Ence”, sentenciou.
Na derradeira lexislatura Pontón ademais de facerse nai, logrou revitalizar o proxecto político do BNG. Un feito cuxa humildade lle impide afirmar, aludindo á obra colectiva e “á importancia da militancia”. Non obstante, recoñece que hoxe percibe nas rúas “unha ilusión sin precedentes” que tampouco escapa á vista dos estudos demoscópicos.
O luns terá a primeira gran proba de lume no debate electoral organizado pola TVG. Un acto que agarda con “moitas ganas de confrontar con Feijóo. Despois de catro anos sen debatir nos medios públicos” e de imposibilitar o cotexo de proxectos.
Para o minuto final, a nacionalista podería botar man da súa nai. “Galiza necesita unha presidenta coma ti”, dixo Aurita. Invitando aos galegos a non perder a oportunidade de votar ao BNG porque “a honradez vai a estar aí seguro”. Sería un gran minuto de ouro para convencer a eses 3 de cada 10 galegos que non saben aínda a quen apoiar.
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- SG Monte do Gozo, la empresa que facilita vacaciones a los ganaderos gallegos: 'En el campo también hay sueldos de médico
- Vuelven a Santiago las quedadas para leer en silencio que arrasaron en 2025
- Playmobil y el Día del Circo convierten Área Central en el gran plan familiar del fin de semana
- El Obradoiro, sin piedad con el Ourense en el derbi