Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Caballero chama á participación: “Un só voto pode decidir o Goberno galego”

O candidato socialista acompañado por Nadia Calviño avisa que as declaracións de Pablo Casado no mitin do PPdeG en Pontevedra, “da unha razón máis a todos os progresistas para acudir ás urnas o vindeiro 12 de xullo”

Gonzalo Caballero, candidato socialista á Presidencia da Xunta, estivo no día de onte nas localidades de Betanzos e A Coruña acompañado pola vicepresidenta e ministra de Economía –e tamén galega– Nadia Calviño. O líder dos socialistas galegos chamou á participación de todos os galegos progresistas, “por un voto decidimos se Galicia avanza ou se mantén na estratexia de confrontación do PP”, explicou Caballero.

O pontearán lembrou a intervención do líder do PP, Pablo Casado no acto central do seu partido onte en Pontevedra, onde “dixo que o PP quere gañar as eleccións en Galicia para derrocar ao Goberno estatal”. Dando –en verbas de Caballero– “unha razón máis a todos os progresistas para ir a votar o 12-X”.

Calviño pola súa parte, incidiu na importancia de contar en Galicia cun goberno “co que teñamos plena sintonía e poidamos traballar man a man para abordar os retos do futuro e facer un futuro mellor”, explicou en referencia as relacións Galicia-Estado.

En Betanzos, Calviño subliñou a importancia de que “a crise non a paguen sempre os mesmos”, recalcando que para saír desta “vai ser necesario o compromiso de todas as administracións públicas”. Así é que, consciente do “compromiso social” de Caballero, chamou a reeditar os resultados electorais que logrou o PSdeG ao longo do pasado ano”. Dese fío tirou o aspirante do puño e a rosa a facerse con San Caetano, asegurando que “saímos a gañar as eleccións” fronte ao “relato que intenta impoñer o PP de control absoluto de Galicia”. Subliñando que “o cambio é posible” porque existe en Galicia “unha maioría de progreso”.

Feijóo continúa inmerso no rural. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, acudiu onte a Trazo onde a súa formación realizou un acto electoral nunha explotación gandeira. Feijóo asegurou que o seu partido vai a seguir apostando polo medio rural, xa que a capacidade de esforzo e superación do rural galego ponse de relevo observando a modernización acaída nas últimas décadas.

O presidente da Xunta e aspirante á reelección asegurou que “esta crise pode ser unha oportunidade para o medio rural”, que recordou campañas como a de “Voume de feirón” empregados para atender as necesidades dos sectores máis internacionalizados, como o viño ou a carne.

Feijóo asegurou que o PPdeG “non empeza de cero no rural”, xa que “coñecemos e queremos o rural dende sempre, levamos tempo mellorando os seus servizos e os sectores produtivos do rural xa teñen un gran peso e potencial na economía galega”. Neste sentido, o de Os Peares destacou que preto de 4.000 mozos galegos incorporáronse na última década á actividade agraria, e que o sector lácteo galego é máis forte e competitivo. Feitos que o levan a buscar manter a receita.

MINI destaca o compromiso do bng coa pesca. Sen Ana Pontón, inmersa na preparación do debate electoral de hoxe, a caravana electoral do BNG desprazouse a Cedeira liderada polo ‘rouco son’ da voz de Xose Luis Rivas “Mini”.

Alí o candidato nacionalista por A Coruña destacou o compromiso do BNG “coa pesca artesanal, volanteiros e percebeiros e percebeiras”. Para Mini, o sistema de cotas perxudica gravemente a Galicia e a flota da volanta debería “quedar excluída dese reparto” por representar “unha arte artesanal e sustentable de pesca” ademais de “respetuosa coa biodiversidade”.

Rivas mostrouse convencido do crecemento do BNG e lembrou que as enquisas só refliten a intención do voto, o “voto útil”, recalcou, é o do 12 de xullo a unha forza política que sexa quen de arranxar o “maltrato social e económico” de 11 anos de goberno do PPdeG

Porque Mini nunca perdeu a esperanza de que “outra Galiza é posible”, “non é só un soño” dicía. Outra Galicia que en verbas do candidato nacionalista debería pasar por impulsar o naval, nacionalizar Alcoa para que siga producindo riqueza e postos de traballo, en definitiva, manter os postos de traballo garantindo un emprego de calidade que faga que o talento da nosa mocidade non teña que ir fóra porque aquí ninguén lle ofrece unha posibilidade de iniciar na súa terra un proxecto de vida.

reunión con la comunidad lgtbi en el día del orgullo

··· El candidato de Galicia en Común a la presidencia de la Xunta, Antón Gómez Reino estuvo ayer junto con miembros de su candidatura en Coruña donde realizaron un acto con la comunidad LGTBI. Allí Gómez Reino reivindicó que la sociedad gallega entiende “muy bien la diversidad” y llamó a conseguir el próximo 12-X un gobierno que la acompañe en este sentido la próxima legislatura.

SOLO AMENAZAS VERBALES A VOX

··· Llegaba Iván Espinosa de los Monteros diciendo que en Euskadi les arrojaron “bolas de acero y escombros; pensaban que Rocío iba a acabar lloriqueando”. Así se expresaba durante un acto en la plaza central de la barriada de Ultramar en Ferrol, al que acudieron unas 50 personas, mientras otras tantas protagonizaban una movilización bajo lemas como “fuera fascistas de nuestro barrio” sin que hubiese incidentes de relieve. El mitin, en todo caso, se desarrolló con un destacado despliegue de las policías Nacional y Local.

NI UNA CAMPAÑA SIN VACAS

··· La pandemia cambió muchas cosas en la política, pero no ha podido con la tradición no escrita del PPdeG de hacer un acto con vacas en las campañas electorales. Por algo es el animal emblemático de la comunidad y, más allá de un símbolo entrañable, también una fuente de riqueza. Feijóo, lo sabe muy bien, así que este domingo cambió el traje y corbata de la entrega de las medallas Castelao por los vaqueros y la cazadora, para cumplir con la costumbre de visitar una explotación ganadera. Como él mismo explicó se trata casi de una “superstición” porque ya es habitual empezar en el rural los actos sectoriales que conforman cualquier campaña, junto con los mítines. Y, si ha ganado tres elecciones por mayoría absoluta, no es como para cambiar las cosas en este cuarto intento.

Actos de mañán e liberación de axendas para preparar o único debate da campaña
Gonzalo Caballero é o único que prevé manter unha actividade intensa ata horas antes do combate dialéctico

Santiago. Os candidatos das principais forzas políticas despexaron en parte ou totalmente as súas axendas públicas para preparar o único debate electoral programado na campaña de cara ao vindeiro 12-X. Todos agás o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, que mantén unha actividade intensa nas horas previas á contenda dialéctica que comezará ás 21:30h e poderá seguirse tanto pola televisión como pola radio da canle pública galega.

Se Feijóo só participou dun acto no día de onte, hoxe non participará de ningún evento en clave de partido. E é que segundo confirmaron a Europa Press fontes do PPdeG “o presidente estará estudando” para o debate, unha cita “á que concede moita importancia”, sobre todo nun escenario que está claramente marcado polas limitacións xeradas pola pandemia.

As fontes consultadas por Europa Press, destacaron que cren que Feijóo estará só no debate de hoxe pois “será un seis contra un”.

Gonzalo Caballero, pola súa banda, será o único candidato que manteña un acto para a mañá do luns, deixando a tarde para preparar esta cita. Segundo fontes socialistas, o ponteareán tratará de “desmontar” con datos o relato de Feijóo e visualizar que o Goberno popular foi un “fracaso” durante os últimos 11 anos, especialmente en ámbitos como o emprego, a industria ou a sanidade.

Ana Pontón pola súa banda é a candidata que máis tempo ten adicado á preparación do debate, tras o seu último acto do sábado. A voceira nacional optou como xa fixera en 2016, por estudar a fondo cada unha das súas intevencións, xa que a formación nacionalista considera unha das claves da campaña o debate nos medios públicos tanto para mobilizar o voto como para achegarse a un electorado máis amplo.

Antón Gómez-Reino pola súa banda reservou a tarde do domuingo e a mañá do luns para preparar xunto co seu equipo de campaña unha cita que ven “feita á medida” de Núñez Feijóo cun formato oprientado a “enxalzar a súa figura” segundo apuntan fontes da candidatura. Confiados na capacidade do actual deputado no Congreso para destacar entre os sete candidatos, e avanzan dende a candidatura que será “propositivo” e tratará de pór sobre a mesa “que non houbo unha soa medida positiva”.

Pancho Casal (Marea Galeguista), Beatriz Pino (Ciudadanos) e Ricardo Morado (Vox) serán o resto de contendentes nun debate para o que a CRTVG mobilizará un “amplo dispositivo”. A contenda dialéctica contará con catro bloques: Galicia e a covid: xestión, nova normalidade, reconstrución; políticas económicas, industriais, orzamentarias e fiscais; políticas sociais e de benestar, educación, sanitarias; e modelo insticional, pactos, gobernabilidade e encaixe de Galicia no Estado español.

O debate será moderado polos xornalistas Marta Darriba e Alejandro López e tanto a fórmula para a asignar tempos como o carácter dos diferentes grupos, veñen establecidos pola Loreg e as instrucións da Xunta Electoral. REDACCIÓN

28 jun 2020 / 20:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.