Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Chao aspira a derrogar o decreto lesivo para o galego

REUNIÓN. Galicia en Común-Anova Mareas comprometeuse onte a derrogar o “decretazo” de Feijóo que regula o uso do galego no ensino e a procurar desde o goberno da Xunta un marco lingüístico de consenso a partir do 13 de xullo. A candidata número dous pola Coruña, Luca Chao, abordou nunha xuntanza coa Mesa pola Normalización, a Confederación de Anpas Galegas, a Central Independente de Funcionarios e a CIG cal ten que ser o novo marco lingüístico no ensino. “A política lingüística de Feijóo levounos dez anos atrás. É o momento de avanzar e tomar impulso para que en Galicia poidamos ter vidas plenas no noso idioma”, indicou Luca Chao. ecg

30 jun 2020 / 23:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito