Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ciudadanos reafírmase na defensa da liberdade

12-X. “No noso proxecto para Galicia de cidadáns libres e iguais todos teñen cabida”. Así o asegurou este domingo a candidata de Cs, Beatriz Pino Ocampo, na Caravana Ciclista pola Igualdade con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBI na que tamén participa o portavoz de Cs no Congreso, Edmundo Bal, e numerosos cargos da formación laranxa.

A candidata da formación lembrou que Cs participou, participa e participará sempre no Orgullo. “Nunca faltamos á cita nin o faremos este ano, aínda que sexa dunha maneira diferente debido á situación sanitaria que atravesa o país. Piñeiro asegurou que Cs levará a bandeira da liberdade e da igualdade alá onde vaia, como tamén acudirá a calquera acto ou manifestación que defenda e promova estes valores, aínda que sexa de maneira virtual. “Alí onde se defende a liberdade e a igualdade, Cidadáns acode”. ECG

28 jun 2020 / 20:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito