El Correo Gallego

Elecciones  |   RSS - Elecciones RSS

"A cidade é un diamante en bruto que imos transformar en modelo de concello do BNG", di Goretti

  | 19.05.2019 
A- A+

A candidata do BNG á alcaldía, Goretti Sanmartín, destacou no balance do primeiro tramo de campaña a alta receptividade as súas propostas "e o traballo moi positivo con importante presenza nos barrios e con numerosos encontros coa veciñanza e en debates para contrastar as medidas de cada formación política". "Santiago é un diamante en bruto que imos transformar en modelo de concello BNG: inclusivo, integrador e vertebrado", afirmou.

Na segunda semana de campaña, avanzou que o Bloque vai intensificar a presenza na rúa e o contacto directo coa veciñanza. Na foto, cos comerciantes composteláns.