El Correo Gallego

Elecciones  |   RSS - Elecciones RSS

Isaac Maceiras: “Síntome orgulloso de terlle devolto a ilusión ó meu pobo”

Alcaldable do PP de A Pobra

08.05.2011 
A- A+

Cal é o Balance que fai dos últimos catro anos de xestión ao frente do Goberno Municipal de A Pobra?

Estamos moi satisfeitos do conseguido nestes últimos anos para A Pobra do Caramiñal, fomos capaces de facer grandes inversións en Saneamento, sobre todo nas Parroquias do Xobre, Santa Cruz de Lesón e San Isidoro de Posmarcos, hoxe a maioría dos veciños e veciñas do noso pobo teñen saneamento e auga potable.

Nestes últimos anos invertéronse máis de 15 millóns de euros en saneamento, e levamos feito máis do 92% en todo o Concello.

E que me dí das Vías de comunicación (estradas, apertura de pistas... )?

Alégrame que me faga esta pregunta, pois é moito o que se inverteu tamén en viais: estrada de Santa Cruz, estrada da Mirandela, estrada do Hospital, as vías de comunicación coa Autovía do Barbanza, obra importantísima para o desarrollo industrial e turístico do noso pobo.

Que me pode dicir dos Servizos Sociais na Pobra ?

Voulle a dar unha gran nova, o pasado día 28 de abril, cun orzamento de preto de 840.000 €, saíu publicada no DOGA a licitación para o tan desexado Centro de Día, con capacidade para 40 usuarios.

Puxemos en funcionamento o C.A.D. ( Centro de Atención a Discapacidade ) que atende a máis de 40 nenos e nenas de todo o Barbanza, un Centro que está vivo, operativo e eficaz, do cal síntome moi orgulloso, e aproveito desde aquí para felicitar a todo o persoal que traballa nel pola gran labor que están levando a cabo.

Ampliamos e melloramos a Residencia da 3ª Idade, para máis de 50 usuarios.

Aumentamos o Servizo a domicilio, para os nosos maiores e acondicionamos o Centro Sociocomunitario, lugar moi dinámico e concorrido por moitísimos usuarios .

Que nos pode contar en educación e deportes?

En Educación investimos no Colexio Fernández Varela, Salustiano Rei Eiras, no IES e como non acondicionamos tódalas Escolas Unitarias do noso Concello.

En deportes fixéronse moitísimas cousas, hai unha revista que publicamos e que titulamos "Vivir na Pobra, unha Vila para o deporte". De aquí felicito a tódolos clubs pola laboura que están desarrollando e os éxitos que están alcanzando. Acondicionamos tamén e aumentamos os servizos na Piscina Municipal, fixemos novos vestiarios no Polideportivo Municipal de Venecia, novas pistas de tenis, ampliamos o edificio de usos múltiples do club de remo e piragüismo, construímos un Campo de Fútbol de herba artificial en Cadreche.

Como está o Medio Ambiente na Pobra?

Para nós o Medio Ambiente é importantísimo, o acondicionamento de Paseos Marítimos, a recuperación de paraxes naturais ( Illa, Corna.. ), o acondicionamento dos nosos xardíns, das nosas praias e actualmente a actuación medioambiental, que se está a realizar no Río Morto, con esa gran obra que conxuga a estrada de circunvalación e paseo fluvial de Río Morto, son obras que nos avalan e moi importantes para a calidade de vida do noso pobo e dos nosos veciños

Que nos conta da xuventude da Pobra?

Non nos esquecemos nunca dos nosos xóvenes para eles temos Cursos de Formación, fixemos un Local de Ensaio, unha Escola de Música, pero no que estamos centrados é en apoialos en atopar un traballo, son anos difíciles pero non regatearemos esforzos para conseguilo, ese muelle comercial fonte de riqueza e a ampliación do Polígono Industrial de A Tomada que XA é unha realidade.

Vostede dí que a Pobra do Caramiñal é bonita

Non é que o diga eu é que naceu así e nos contrubuímos a facela máis bonita, coas súas rúas peonís para potencialo pequeno comercio, a recuperación do noso patrimonio cultural, os nosos xardíns, os nosos parques, o noso náutico, etc, etc.

Que me pode contar en Cultura e turismo?

A cultura e o turismo son fontes de riqueza, por iso, nós temos que ser as praias de Compostela e o mar de Compostela. Temos as mellores vistas desde o monte da Curota e o máis importante a nosa xente amable, traballadora e loitadora.

En Cultura contamos con primeiro Museo de España adicado ao ilustre escritor D: Ramón Maria del Valle-Inclán, temos Pazos como o de Xunqueiras, a casa grande de Aguiar o Pazo do Couto, Igrexas como a de Santiago da Puebla do Deán ( onde se venera ao Divino Nazareno )coa súa Capela de Alba; temos ademais igrexas e capelas nas cinco parroquias do municipio, cada unha coa súa historia, onde recuperamos os seus entornos, para o disfrute dos nosos veciños e veciñas

E xa para rematar, de que se sinte máis orgulloso ¿

De moitas cousas, pero sobre todo de acabar coa crispación e de devolver a dignidade e o orgullo ao noso pobo.