El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Elecciones  |   RSS - Elecciones RSS

José Miñones di que saneou Ames e aposta polo rural

Presentou con xente da súa lista ata cento trinta propostas para manter a alcaldía

M.M.O.   | 16.05.2019 
A- A+

A Maía. O candidato socialista á alcaldía de Ames, José Miñones Conde, presentou as 130 propostas para gobernar Ames nos vindeiros catro anos xunto ao secretario xeral dos socialistas amienses e número tres da candidatura, Blas García, e das actuais concelleiras e tamén candidatas, Luísa Feijóo e Isabel González, ademais doutros membros da lista.

Comenzou destacando os catro anos de goberno, onde sobre todo, puxo en valor a estabilidade económica e política dun concello "que no mandato anterior, e pese a unha maioría absoluta do PP, non se tivera". Destacou a xestión realizada para eliminar o plan de axuste, e o saneamento económico do concello, "que pasou de ter unha débeda de 5 millóns de euros a dispor de 6 millóns para investimento urbano e 2 millóns para o rural do concello con tres orzamentos aprobados".

Entre os aspectos que máis destacaron no acto figuran o Plan de Prevención de incendios, o Premio ao mellor proxecto educativo outorgado pola Federación Andaluza de Municipios por Concili@mes, a distinción de Cidade da Ciencia e da Innovación (que permitirá continuar unha liña de investimentos sobre o parque empresarial e o comercio local), o Plan Impulsa Ames, o Ciclo Integral da Auga, o remate do Cemiterio Municipal, a construción do Centro de Saúde do Milladoiro, o investimento de dous millóns de euros no saneamento do rural e a retirada do tráfico pesado da estrada N-550 .

Tamén destacou Miñones "a continuidade na atención veciñal e no rural", igual que a do Plan Impulsa Ames.