El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Elecciones  |   RSS - Elecciones RSS

López Bueno di que o PSdeG fará da Estrada "un exemplo dun concello preocupado polos seus maiores"

O candidato socialista promete desenvolver, se goberna, un gran plan sociosanitario

López Bueno, cuarto pola dereita, con membros da lista e con Regades - FOTO: PSOE
López Bueno, cuarto pola dereita, con membros da lista e con Regades - FOTO: PSOE

ECG  | 16.05.2019 
A- A+

O paquete de medidas en materia de política social presentado polo PSdeG da Estrada inclúe un amplo apartado destinado á mellorar a vida dos maiores do municipio. "Temos u­nha ambiciosa axenda que garantirá unha vellez activa e digna, sen que a idade sexa un motivo de discriminación ou de risco de exclusión" sinala o alcaldable, Luis López Bueno.

Ademais de reconverter o actual centro de saúde nun Centro Integral de Atención Social, os socialistas desenvolverán un plan sociosanitario que coordine aos servizos de saúde e aos servizos sociais municipais, "ofrecendo unha atención completa e multidisciplinar ós nosos maiores".

De forma paralela á construcción dunha nova residencia de maiores, coa que "aumentaremos as prazas necesarias para axustarse á demanda real no concello", o PSdeG da Estrada di que desenvolverá programas integrais "que permitan unha vellez digna no propio domicilio".

Un destes obxetivos terá a finalidade de afrontar os problemas de seguridade deste colectivo, aumentando as roldas de vixilancia nas parroquias máis dispersas e subvencionando o custo dun "botón de emerxencia" que permita alertar das situacións de perigo con tan só pulsar un botón, según explican

Ademais, afirman que un concello socialista "de-senvolverá tamén actividades para o mantemento da autonomía persoal da poboación máis envellecida", como obradoiros de memoria e proxectos de participación social para a estimulación persoal e a cooperación entre veciñas e veciños das parroquias.

"A nosa política social será exemplo de xestión do envellecemento da poboación, e o Concello garantirá que os nosos maiores teñan unha vellez digna. Converteremos os centros e locais socioculturais das parroquias en auténticos centros sociais de referencia para toda a poboación da zona, con apoio dos profesionais" explica López Bueno.

Finalmente, din que haberá tamén programas específicos de atención a pacentes crónicos, persoas maiores que viven soas e dependentes.

DEFENSA UNÁNIME

Atención primaria "Hoxe adquirimos un compromiso de cara as próximas eleccións: reclamar á Xunta desde os gobernos municipais unha Atención Primaria de calidade". Así anunciou onte o secretario xeral provincial, David Regades, a férrea defensa que as candidatas e candidatos socialistas farán da sanidade pública, e en especial da Atención Primaria, desde os concellos a partir do próximo 26 de maio. Unhas declaracións que fixo nunha rolda de prensa dada no centro de saúde da Estrada xunto ao candidato á alcaldía, Luis López Bueno, e o voceiro de Sanidade na Cámara galega, Julio Torreiro,