El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Elecciones  |   RSS - Elecciones RSS

Lores e Igrexas apretan con comercio local e urbanismo

O BNG en ambas cidades afronta os comicios con moi diferentes obxetivos

16.05.2019 
A- A+

Santiago. Non teñen nin comparación os obxetivos e aspiracións do BNG nas dúas grandes urbes da provincia pontevedresa, a primeira vista pode que nin tan sequera semelle que t­eñan moito en común.

Na capital da provincia, Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores afronta os comicios co obxetivo de reeditar a alcaldía, e mellor se puidera ser a través d­unha maioría absoluta.

Na vila máis importante na provincia, cando menos en termos poboacionais, Xabier P. Igrexas, busca acadar unha representación nacionalista que nos últimos catro anos non existiu. Ambos aspirantes presentaron no día de onte sendas ofertas electorais.

No caso do xa rexedor da cidade do Lérez, centrado no comercio local para o que presentou un paquete de medidas, consciente de que este sector con 8.000 postos de traballo é o segundo sector que máis emprego xera na cidade, por detrás unicamente da Administración Pública. Entre as súas prospostas destaca a creación dunha plataforma local no municipio que permita ao comercio facer unha venda online por Internet máis facilmente e apostou por "pelexar" medidas como o cuestionamiento das rebaixas permanentes ou a fiscalidade de certas plataformas de venda online .

Igrexas, pola súa parte, centrouse no urbanismo e avogou pola elaboración dun PXOM co consenso da cidadanía e que permita convertir a urbe no pulmón industrial de Galicia. Unha das necesidades para o nacionalista é a de "espazo" e insistiu na importancia do mesmo para o desenvolvemento empresarial.