El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Elecciones  |   RSS - Elecciones RSS

Pontón acelera en defensa da muller coa inclusión de cláusulas de igualdade nos contratos da Administración

Os nacionalistas ven precisa a medida para evitar "prácticas discriminatorias"

Ana Pontón, acompañada da candidatura da cidade lucense - FOTO: BNG
Ana Pontón, acompañada da candidatura da cidade lucense - FOTO: BNG

16.05.2019 
A- A+

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, anunciou no día de onte a súa intención de propoñer nos concellos a aplicación de "cláusulas de igualdade na contratación pública" para evitar "prácticas discriminatorias" de xénero.

Pontón fixo o nomeado anuncio en Lugo, onde acudiu a apoiar a candidatura de Rubén Arroxo á Alcaldía da cidade, e sinalou que a súa formación inclúe no programa político o compromiso de que todos os municipios teñan "plans de igualdade" e adopten unha "política transversal que chegue a todas as áreas. "Precisamos construír sociedades máis igualitarias", dixo Pontón, quen avogou porque os plans municipais faciliten que "nas empresas non haxa prácticas discriminatorias".

Deste xeito, considerou que as políticas de contratación pública deben contribuír a "fomentar a igualdade" entre mulleres e homes con cláusulas específicas. Non dubidou tampouco en dirixirse a esa dereita que cuestiona as políticas de violencia de xénero e de igualdade, para ela "Toda isa dereitona que plantexa un retroceso para as mulleres vai seguir quedando atrás en estas eleccións municipais".

Xa nun claro ton máis electoral, a líder frentista dixo que nos comicios municipais e europeos do 26 de maio a poboación galega non debería ter que "resignarse a escoller entre o vello bipartidismo de sempre" con "un PP que non quere que nada cambie e un PSOE que queda en medidas cosméticas", ou o nomeado "rupturismo" que non chegou a cumprir expectativas despositadas nel. "A papeleta do BNG, representa un cambio transformador capaz de mellorar a vida das persoas", a vez "dun proxecto sólido" e, no caso de Lugo, "un candidato que coñece a cidade, ten empuxe e capacidade para ser alcalde".

Nese senso, asegurou: "hai unha corrente de simpatía co BNG que está a crecer nesta campaña, porque hai moita xente decepcionada co que pasou en Lugo no últimos catro anos, que quere que Lugo funcione. O candidato preparado para poñer en marcha ese cambio transformador é Rubén Arroxo".

EUROCÁMARA

Miranda céntrase na pesca

A eurodeputada do BNG e candidata a reelección 0 26 de maio, Ana Miranda, denunciou a "irrelevancia política" do goberno estatal en materia de pesca artesanal galega tras a reunión entre o ministro Luís Planas co comisario de Pesca. Para a candidata a definición da pesca artesanal galega debe ter en conta as características específicas do sector galego, así como os seus aspectos crave. Ademais explicou que ningún dos gobernos centrais nin tampouco da Xunta souberon defender o sector pesqueiro galego. Por iso, dixo que Galicia precisa dunha voz forte en Europa que defenda o sector galego.