El Correo Gallego

Elecciones  |   RSS - Elecciones RSS

Las preguntas a representantes sociais

MARCOS MANTEIGA / MAITE GIMENO / SALOMÉ BARBA / SOL ELVIRA  | 02.11.2019 
A- A+

1. Cataluña e Franco ou unha economía en recesión. Que vai pesar máis á hora de votar? 

2Se se confirman os resultados das enquisas volveremos ao punto de partida: dous bloques, a dereita e esquerda, que non se achegan á barreira da maioría e que necesitarán o apoio dos independentistas vascos e cataláns. Hai unha solución alternativa a este bloqueo? 

3Detecta fartura entre os cidadáns ante a situación política ou considera que ao final os votantes asumen que a súa obrigación é acudir ás urnas e votar? 

4Que influencia poden ter estas eleccións nas autonómicas do próximo ano?  

Manuel Amigo Presidente de Costavales en Santa Comba

“Imos afrontar neste período un repunte da crise que pode ter proporcións bíblicas”

1 O responsable de Costavales, que entre outros logros impulsou con éxito unha moeda virtual e vai organizar a vindeira Feira do Outono de Santa Comba, opina que “ámbalas duas cousas forman parte da propaganda para conquerir votos, cada bando usará a que millor se adapte as suas necesidades ideoloxicas, pero ninguén prantexará solucións nin analizará a profundidade da crisis sistémica na que estamos inmersos; todos se moverán na ambiguedade e os votantes actuarán según lle guste mais ou menos a menxase publicitaria”.

2 “Non, ese bloqueo interesa neste momento histórico, e penso que estas eleccións non van a cambiar o decorado parlamentario de maneira significativa. Imos a afrontar neste próximo período un repunte da crise que pode ter proporcións bíblicas e semella que se vai malxestionar entre todos”, apunta Amigo ante os nubarróns que ameazan recesión, tal como están a advertir os indicadores económicos.

3 “Penso que e posible que haxa un repunte considerable da abstención.polo fartazgo entre a xente, a desilusión das novas forzas políticas que son o mesmo de sempre, a nefanda xestión dos politicos, a corrupción galopante que impregna todas as institucions do estado, o uso de nosos país como campo experiental para a enxeñería social, a monstruosa carga impositiva que soportamos”, concreta Amigo dende o día a día dun empresario que traballa no rural de Área e coñece ben as dificultades polas que pasan os emprendedores e comerciantes en xeral para poder ofrecer os seus servizos dun xeito cotián.

4 Nesta cuestión, o protagonista destas liñas tira de experiencia como galego e implicación coa terra. E deixa claro, segundo o seu parecer: “Aquí ningunha; Galicia e un mundo aparte, e un país coa sua propia idiosincrasia que vive alleo o que pasa en Madrid no eido da política autonómica”, apuntaba ante as vindeiras eleccións que van chegar o 10 de novembro.

María Pérez Presidenta de la Federación Vecinal de Vigo

“Dicen que hay hartazgo pero creo que hay consciencia de que hay que ir a votar”

1 El tema de Cataluña va unido a la recesión y lo malo es que de momento aún estamos empezando cuando realmente lo notaremos será a corto y largo plazo y también tendrá mucha influencia según el gobierno que salga de las próximas elecciones. Franco no creo que sea algo que influya en la economía puede influir en los resultados de las elecciones favoreciendo a la extrema derecha y extrema izquierda. Al votar deberían influir más las pensiones, el empleo, la vivienda, éstos hay que tomarlos con cautela ya que son cuestiones que hieren muchas sensibilidades por lo que llevan detrás.

2 ¿Si se confirman las encuestas? Bueno es una pregunta complicada y de difícil contestación pero lo más probable es que si gana Pedro Sánchez negocie con Unidas Podemos y con los separatistas por que sus políticas y pensamientos están mas en la línea de éstos que en las del PP o de Ciudadanos. A la hora de pactos tanto de una parte como otra debe tener cuidado, para mí los extremos no son buenos ni a un lado ni a otro, porque luego todos pagamos las consecuencias.

3 Dicen duda que hay hartazgo pero creo que los ciudadanos son conscientes de que hay que votar. Diariamente hablamos con muchas personas, y se nota en la gente un gran hartazgo hasta el punto de pedir que no les envíen papeletas de los partidos, piensan que la burrada de millones que vale ir a elecciones otra vez es algo muy grave para igual estar en el mismo bloqueo. Por lo cual el sentir general es un hartazgo total de los ciudadanos y ciudadanas.

4 Pueden tener mucha influencia pero esto se vera durante los próximos meses. Según el gobierno que salga puede influir o no pienso que igual que en las municipales la gente vota la gestión de la Xunta en este caso y no a nivel general. También es cierto si la gente está contenta a nivel del gobierno central podrá influir aunque no necesariamente. Si a nivel autonómico se han hecho cosas buenas para la gente, ésta lo verá, y votará en consecuencia.

Eloína Ingerto Presidenta de Rede contra a Pobreza-Galicia 

“A solución é poñer no centro a mellora das condicións de vida da cidadanía” 

1 “Da recesión económica non saíron nunca unha de cada catro persoas en España, case 13 millóns que seguen na pobreza, moitas máis que cando comezou no 2008 a crise. Na recesión seguen os 600.000 fogares que carecen de ingresos ou o millón e medio de familias nas que unha muller soa estase facendo cargo dos seus fillos e fillas e nas que a metade está na pobreza. Ningún desenvolvemento económico será sostible se non ten como principal obxectivo o investimento nas persoas e a cohesión social”.

2 “A única solución é poñer no centro da acción política a mellora das condicións de vida da cidadanía, por riba de enfrentamentos, discursos incendiarios, intereses ou vaidades persoais ou partidarias. Gobernar é poñerse dacordo entre partidos e administracións, comprometerse polo ben común, elaborando una planificación estable e orzamentos, afrontando medidas ambiciosas como un parque público e social de vivenda en aluguer ou unha Lei de Garantía de Ingresos que solucione a indignidade de que so un 7,6% das persoas en pobreza percibiran no 2018 unha renda mínima, con brutais diferencias entre comunidades”.

3 “Evidentemente a xente está cansa, así como indignada pola incompetencia para poñerse dacordo e polo despilfarro que supoñen unhas novas eleccións. Pero a obriga moral de ir a votar tamén nola transmiten moitas das persoas en pobreza ou exclusión coas que traballamos nas nosas entidades. Lembrándonos que facendo valer o noso voto se poden conseguir transformacións sociais efectivas”.

4 “Unha influencia decisiva. Ter por fin un goberno estable debería implicar a posta en marcha de medidas “en espera” nos eidos como garantía de ingresos, vivenda, emprego digno ou reducción drástica da burocracia. Pero tamén para comprobar se en Galicia seguimos sen ceder ante o discurso político empeñado en rendabilizar o insulto, a mentira e o odio aos máis vulnerables, as vítimas da aporofobia, xenofobia, racismo ou a violencia machista”.

Henrique Bazal  Presidente de Rapa das Bestas de Sabucedo

“En calquer caso o que vai quedar de manifesto é que é obrigado chegar a acordos”

1 Pese as fortes polémicas que arrastran os partidos, en especial o do Goberno, o PSOE, pola exhumación dos restos Franco e polo conflicto catalán, o responsable da asociación estradense non cree que sexan estos temas os que más peso cobren no cidadán a hora de votar o vindeiro 10 de novembro. “Na miña opinión será a economía, o paro e as crecentes desigualdades. Cataluña tamén é un factor importante pero non tanto como a economía. En canto a Franco penso que non inflúe de ningunha maneira porque ademais nadie se atreverá a sacar o tema en campaña”.

2 Sobre a situación de bloqueo que vive a política española no último ano, o entrevistado pensa que “en calquer caso o que vai quedar de manifestó é que é obrigado ter que chegar a acordos. Penso que o PSOE prefire facer acordos pola sua dereita antes que com Podemos. En caso de facelo pola esquerda parece que non necesitarán moitos mais apoios”.

3 Henrique Bazal mostrase optimista e pese a recoñecer un certo hartazgo nos cidadáns polas continuas citas eleitorais, confía en que a xente acudirá de novo as urnas e que non creza tanto a abstención como dín algunhas enquisas. “Unha cousa non quita á outra. Os cidadáns están efetivamente cansos e creo que nadie entende que non sexan capaces de chegar a acordos. Semella que tanta táctica non deixa ver o realmente importante. En calquera caso os cidadáns irán a votar igualmente penso eu”.

4 Finalmente e sobre as consecuencias que os resultados das eleccións nacionais podan ter nos comicios galegos que se celebran o ano que ven, o representante do movemento asociativo non aprecia que teñan moita repercusión. “Creo que mais ben pouco. En Galiza temos uns condizonantes diferentes. Por exemplo Ciudadanos non é capaz de ter representación aqui. Tampouco VOX. Non obstante, un erro grande nalgún dos dous grandes partidos pode influir na opinión xeneral e polo tanto tamén en Galicia”, concluie Bazal.