Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
{ TWITTER ON THE ROCKS CON TRES GOTAS DE RON }

Feijóo: o home subtitulado para os que non entenden o galego

are you from os peares? Para visualizar as promos electorais de @FeijooGalicia, nos preparamos como cando vemos unha peli indie de madrugada: cubatita, aceitunitas e gafas para ver de lonxe. Básicamente, porque os dous formatos veñen subtitulados. Seguro que nunha complicidade cos madrileños que chegan con gañas de Albariño ás nosas praias, o candidato do PPdeG lanza os seus vídeos escritos en castelán. E non en gayego.

gómez-reino como a pantera rosa As cuñas de Núñez Feijóo teñen algo de lisérxico, con eses locus amoenus das Rías Baixas listos para mariscadas, queimadas e outros frenesís. Pero para psicodélico o último GIF da campaña de @AntonGomezReino. Toda unha homenaxe ao Richard Lester que rodou cos Beatles, ou como mitificar os 60 a base de Ringo Starr e liortas de almofadas. Con quen máis parecido ten o candidato de Galicia en Común é coa Pantera Rosa, nos títulos de crédito onde amosa mil caras alucinóxenas/LSD.

o regreso do comisario pancho casal Asistimos a unha nova rolda de prensa do noso comisario favorito: Pancho Casal. Vemos ao candidato da Marea Galeguista cada día máis parecido ao italiano Montalbano. Recomendámoslle que axilice o seu Twitter.

O momento reflexivo de hoxe, que serve ademáis para encher esta páxina en branco (ah, a eterna falta de inspiración dos xornalistas), vai adicado ao curiosísimo fenómeno da falta de piscinas neste verán. ESTÁN ESGOTADAS! (emoticono de desesperación). Os afortunados que pasaron o confinamento en fincas acabaron con todo tipo de stock: desde as hinchables que só valen para remollar os pés, ata aquelas onde caben os da casa e os invitados co daikiri e a revista Hola nunha mesiña ao lado. The Paradise.

e falando de paraísos... Aquí aparece un dos rincóns favoritos de todos os que estudaron na USC. A estatua das Dúas Marías, símbolo das vítimas do franquismo visitado por @G_Caballero_M xunto coa ministra Carmen Calvo. Tan representativa figura do Santiago de Compostela máis popular tamén dá a benvida á Alameda: outro dos escenarios inesquecibles para os pimpines que tivemos a sorte de licenciarnos aquí. Licenciatura universitaria e tamén licenciatura da vida, que no xornalismo ten que haber das dúas.

franquismo nunca máis Nas redes sociais continúan descargándose fotos dos nosos candidatos (rectifico, dalgúns dos nosos candidatos) en protestas ou xestos contra o franquismo. Nesta foto inmortalizada polo Twitter de Rubén Cela, vemos a @anaponton entre Néstor Rego e Francisco Jorquera. Protestaban a favor da recuperación para o patrimonio público do Pazo de Meirás, agora que se inicia o xuízo na Audiencia Provincial. A familia Franco aférrase a unha das pezas máis codiciadas da cacería do ditador polas nosas terras, como o voraz esquío prehistórico coa súa bellota de Ice Age. Iso si, con moito menos encanto que a obsesiva Scrat.

07 jul 2020 / 21:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.