Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 09 agosto 2020
02:31
h

Máis de 6.800 axentes de Policía Nacional, Local e Garda Civil forman o dispositivo da xornada electoral

SANTIAGO. EP. Un total de 6.866 efectivos da Policía Nacional, Policía Local e Garda Civil integran o dispositivo de seguridade disposto na Comunidade autónoma de Galicia con motivo da xornada electoral deste domingo, día 12 de xullo. Segundo informou a Delegación do Goberno en Galicia, participarán neste despregamento 5.939 axentes da Policía Nacional e da Garda Civil, así como 927 integrantes das policías locais de toda a comunidade.

En concreto, o dispositivo estará integrado por 2.148 policías nacionais --entre os que se suman 147 membros da policía adscrita á comunidade galega-- e 3.791 axentes da Garda Civil.

A da Coruña será a provincia que conte cun maior número de axentes velando pola seguridade da xornada electoral, con 1.204 gardas civís e 871 policías nacionais --dos cales 41 pertencen á Policía Adscrita á Comunidade--.

Pola súa banda, na de Pontevedra, o dispositivo integrarano 834 axentes de Policía Nacional --33 axentes da policía autonómica-- e 1.121 de Garda Civil; mentres que en Lugo serán 248 por parte da Policía --34 da adscrita-- e 756 gardas civís.

Finalmente, en Ourense participarán no dispositivo articulado polo Goberno 195 axentes da Policía Nacional --39 da autonómica-- e 710 da Garda Civil.

11 jul 2020 / 11:20
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.