ELECCIONES MUNICIPALES 28M

Xosé Sánchez Bugallo

Xosé Sánchez Bugallo, candidato polo PSOE á alcaldía de Santiago

Xosé Sánchez Bugallo, candidato polo PSOE á alcaldía de Santiago / ECG

ECG

Candidato polo PSOE á alcaldía de Santiago de Compostela

O actual alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preséntase o 28M á reelección. Nesta lexislatura, ademais de na Alcaldía, ten competencias en Promoción Económica, Emprego, Mercados e Comercio e é portavoz da Xunta de Goberno. A súa andanza na política local iniciouna en 1987 como concelleiro socialista á fronte de Deportes, Relacións Veciñais, Tráfico, Persoal e Facenda. Entre 1991 e 1999 foi tamén deputado provincial e, en 1998 accedeu por primeira vez á alcaldía compostelá, logo da renuncia de Xerardo Estevez. Goberno a cidade durante tres lexislaturas consecutivas e entre 2012 e 2016 foi deputado no Parlamento de Galicia. En 2019 volveu á política municipal e recuperou a alcaldía para o grupo socialista.