Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
{ TWITTER ON THE ROCKS CON TRES GOTAS DE RON }

Queremos un ‘Sálvame Banana’ para os nosos debatiños

camarote dos marx. Noite de bostezos ante o último debate televisivo. Constatamos que o formato necesita unha salvamización, como xa fixeron en Al Rojo Vivo ou La Sexta Noche. Desde aquí apostamos, nunha clarísima boutade, por transformar o plató de TVG nunha Última Cea: con Feijóo e Caballero discutindo sobre o sector naval, mentras deconstrúen unhas croquetas. Na imaxe vemos a @anaponton con Rubén Cela e Goretti S. Rei en clara apoloxía do Camarote dos Marx.

poderoso caballero. Seguro que Ana Pontón é fial seguidora da relixión marxista: da política e da humorística. Outra opción pasaría por (poden enviarme sen problemas unha chuvia de tomates) aplicar un Sálvame Banana aos nosos debatiños. Sen a agresividade dos Kikos, pero cos chumineros de Lydia Lozano. Xa a realidade é bastante dura como para aburrirse no sillón. Arriba aparece @G_Caballero_M, en impecable (á par que zzzzz) vermello e azul. Aproveitamos para dicir que a publicidade de Feijóo nesta páxina non condicionou a elaboración desta peza (des)informativa.

estilo rivera, estilo arrimadas. Observamos a @Beatriz_Pino_ en franca exhibición de papeletas ante Pontón. A candidata de @CsGalicia segue claramente os pasos de Albert Rivera e Inés Arrimadas, en canto a merchandising nos debates.

O inciso entre foto e foto está adicado hoxe ao esforzado equipo de tuiteros dos candidatos. Non falamos só dos tan necesarios gabinetes de prensa, senón sobre todo das hordas de forofos e forofas. Canto mérito ten aplaudir por Twitter cada unha das certeras frases dos aspirantes a Monte Pío, emitir emoticonos como si non houbese un mañá na Terra de Breogán e criticar aos adversarios. Debería estar (ben) pagado este traballo de redes sociais, no que mesmo algún perfil califica como o meu crush ao seu adorado político de turno. A política pode ser realmente esgotadora. Que lle pregunten ao seguinte protagonista.

que alguén busque un bañador hawaiano para gómez-reino. Ao igual que os esquíos cruzaban antigamente España de árbore en árbore, @AntonGomezReino podería percorrer o litoral da Pel de Toro de chapuzón en chapuzón. Despois do debate, volvía a zambullirse nas frías augas do Atlántico. Por nós, pode lanzarse ao mar todos os días da campaña. Benvidas sexan estas imaxes refrescantes, entre tanto traxe gris. Iso si, recomendamos (se permiten o atrevemento) un bañador máis hawaiano para animar aos votantes: con palmeiras, cocos e algún flamenco de Miami.

ONDE ESTÁN AS DISTANCIAS DE SEGURIDADE? E falando de Miami... Ollo ao abigarrado momento de celebración do PPdeG, con recepción triunfal a @FeijooGalicia despois do debate na TVG. Imposible manter os dous metros de distancia de seguridade cando impera a euforia. Para deixar claro que o anuncio de Galicia, Galicia, Galicia non condiciona esta páxina, farei unha pérfida comparación con esas terrazas a rebosar de consumidores de cañas. Onde podo afirmar que vin festeiros coa mascarilla colocada sobre a cabeza, a modo de gafas de sol de Dolce&Gabanna. Por certo, cada vez que leo Galicia, Galicia, Galicia sufro unha ilusión óptica. E aparecen M’s por doquier. Non V’s. Senón M’s. Glups.

30 jun 2020 / 23:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.