Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
{ TWITTER ON THE ROCKS CON TRES GOTAS DE RON }

Teléfono Vermello, volamos a Monte Pío: Feijóo, o noso Doutor Strangelove

fenómeno, que eres un fenómeno. Sospeitamos que na Mariña e en Verín non apoiarán en masa este cartel (ou si?). Pero Ovidio Rodeiro decidiu ser fan nun acto do PPdeG, cun cartel no que poden faltar cinco acentos. Na pancarta vemos a @FeijooGalicia cada día máis parecido a Luis Zahera. Na campaña, botamos de menos que o candidato se marcase unha performance como se estivese en Land Rober. Por exemplo, emular a Peter Seller como o Doutor Strangelove.

o home que nadaba demasiado. Coa miña vista de halcón podo apreciar que @AntonGomezReino fixo caso a esta columna e xa se comprou un bañador hawaiano. No seu perfil continúa colgando chapuzón tras chapuzón, o seu signo de identidade durante estes días. Como en toda España están esgotadas as piscinas hinchables e nas praias non hai precisamente distancia social, o candidato de Galicia en Común Podemos Esquerda Unida Anova Mareas (non necesitades neste momento un descanso) decide saltar ao mar de roca en roca. Seguro que non ten chalet con jacuzzi?

o blues do autobús. A cabeza de @CsGalicia non se adica precisamente a facer vídeos polas praias, pero si a montar en autobús como Miguel Ríos. @Beatriz_Pino_ criticou os abusos das peaxes, co uso do transporte máis importante de toda campaña.

Confirmamos que as piscinas andan totalmente esgotadas en Galicia. Entre perfil de Twitter e perfil de Twitter, aproveitamos para buscar ofertas para emular a @AntonGomezReino pero sen saír de casa. Só quedan flotadores en forma de piñas e xeados de cucurucho. Nada desas pequenas piscinas para estar sentados, sen ter que mover nada... só a man para alcanzar uns cacahuetes e unha cañita ben fría (Estrella García, of course). Como nos gusta facer complicidade coas grandes marcas publicitarias, a ver se de paso cae algo. Por certo, as columnas de promo que ocupa Feijóo ao lado non ten nada que ver co estilo panexírico desta información. ‘horror vacui’ ante o baile do verán. O ministro de Sanidade, Salvador Illa, é unha das grandes revelacións (para ben) desta pandemia. Mesmo case adiantou en popularidade a Fernando Simón, cando este último decidiu marcarse un Marlon Brando sobre unha moto para unha revista semanal. Estes días, Illa serviu de gran axuda a @G_Caballero_M nestes peculiares mítines. E mesmo animouse a saudar aos simpatizantes, con esta variante daquel Si bailas cachete con cachete. Non acabamos de coller o punto desta Nova Normalidade, ou máis ben Norma Frialdade.

a delicadeza de leandro lamas. Entre as fermosas pezas elaboradas por debuxantes ou deseñadores gráficos para o BNG, escollemos esta creación de Leandro Lamas. Identificamos claramente a @anaponton. No seu día falamos da candidata nacionalista como o raio de luz dunha película indie. Como sempre, pecamos de esaxerados. Pero ninguén mellor que Leandro Lamas para captar ese raio verde de Pontón. Mentras tanto, animamos a todos os que traballan nesta campaña a respirar fondo que falta pouco. Pronto quedarán atrás as eleccións máis peculiares da historia recente, con micrófonos plastificados, saúdos a distancia, moitas mascarillas e escaso sentido do humor. Agardemos por tempos mellores.

08 jul 2020 / 21:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.