Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Yolanda Díaz regresa á combativa Ferrol como filla pródiga

Gómez-Reino acusa ó candidato do PPdeG
de “electoralismo insultante” coa Mariña

Na entrada de Ferrol, hai un barrio de espíritu obreiro chamado Inferniño. E onte xustificou o seu nome coas altísimas temperaturas que presidiron o mitin ao mediodía de Galicia en Común. A pesar do sol, simpatizantes e moitos amigos de Yolanda Díaz concentráronse na praza de Porta Nova. E saudaron á ministra de Traballo como no regreso dunha filla pródiga, convertida en obxecto de piropos por parte de todos os participantes no acto. O exalcalde Jorge Suárez indicou que “a ministra de Traballo fala desde o diálogo e o consenso”. A candidata da lista da Coruña, a ferrolá Saínza Ruíz, aseverou que “é unha muller forxada a lume nos estaleiros”. E Luca Chao recordou que “dicían que nunca conseguiríamos que Yolanda Díaz fose ministra”.

A propia dirixente do Goberno central agradecía “estar na miña casa, como lle dixen no Senado ao PP é a miña casa e a da miña filla: aquí sabemos facer barcos, que é un modo de vida”. Pero a pesar do protagonismo de Díaz, o mitin pretendía mobilizar aos posibles votantes sobre todo ante unhas enquisas adversas. O propio aspirante á Xunta de Galicia, Antón Gómez-Reino, recalcaba que “temos que impugnar o relato do PP de que Feijóo é invencible, como creron que era invencible Fraga... estamos a xogarnos acabar coa Galicia opaca en branco e negro de Feijóo por outra colorida, diversa e de futuro”.

Houbo unha adicatoria preferente á xente da Mariña, ante o impacto do coronavirus xusto ás portas das eleccións. “Enviamos unha mensaxe aos veciños desa comarca que pasan días complicados ante o insultante electoralismo do PPdeG e do señor Feijóo, que contra o criterio do conxunto das forzas políticas progresistas decidiu convocar comicios en medio dunha pandemia”, lamentouse Gómez-Reino. E tamén se dirixiu á xente de Verín: “Víchedes como escapaba Feijóo onde o agardaban con cazolas? Verín non pecha e non esquece”.

En relación con esa pandemia, Yolanda Díaz quixo destacar que “nos ensinou o valor das caixeiras, das limpadoras, da xente da sanidade pública e o ensino... dos que se xogaron a vida por nós”. E recordou que nos primeiros tempos deste Goberno central “dicían que a CEOE non quería a esta ministra de Traballo porque crecera nunha cidade moi dura e combativa, pero os tempos mudaron e as poucos días de chegar as funcionarias do Ministerio me comentaron que estaban abraiadas porque eu era cariñosa e amable”.

Con ese exemplo, Gómez-Reino recalcou que “defender Galicia é o que xa estamos a facer no Consello de Ministras e defender Galicia é o que faremos, a partir do luns 13, desde o Goberno da Xunta”. E concluiu que “están a ser as mulleres galegas as que marcan o camiño das políticas mais avanzadas e progresistas deste país”.

reunión cos camioneiros das pontes

··· No mesmo entorno desa praza, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino mantiveron un encontro cos camioneiros das Pontes. Segundo o candidato de Galicia en Común, “o decreto aprobado hai poucos días polo Goberno inclúe medidas que o colectivo de transportistas do carbón levaban tempo solicitando”. Consisten en aprazamento dos pagos das cotas e contratos de préstamos, ‘leasing’ e ‘renting’ que se usan para a adquisición dos vehículos de transporte público de mercadorías que superen as 3,5 toneladas.

09 jul 2020 / 22:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.