El Correo Gallego

Portada » Encuentros digitales

Candidata del BNG a la alcaldía de Melide

Socorro Cea

Moi boas tardes. Agradezo ao Correo Gallego a oportunidade que me brinda de poder contestar ás preguntas enviadas ata hoxe.
Procurarei ser concisa en moitas delas para poder contestar o maior número posible delas. Graciñas a todos e todas.

  1. En estos momentos dificiles de crisis económica, no le parece un despilfarro emplear más dinero público en gastos judiciales derivados de las 7 vistas por despidos improcedentes que en invertir en promoción del polígono industrial o realizar obradoiros de empleo?

    Teño que corrixilo porque levamos investido moito máis no parque empresarial que en xuízos. Os traballadores/as que denunciaron ao Concello de Melide foron en case todos os casos por rematarlles o seu contrato e non querer presentarse ás novas probas convocadas cumprindo estrictamente a legalidade.
    Na maioría dos casos conseguiran o seu posto de traballo con nula publicidade e transparencia e cando tiveron que concorrer ás probas non as superaron, ou ben non se presentaron ás mesmas.

  2. Poderias explicar os veciños e veciñas de Melide a realidade de porque firmaches que estaba rematada a depuradora do polígono sin todavia estar empezada e o que fixeches con eses cartos??

    Melide perdeu unha obra fundamental para o parque empresarial que o PP non foi capaz de conseguir en 16 anos de goberno. O próximo dia 25 de maio acudiremos ao xulgado de Arzúa para declarar. Estamos moi tranquilos aínda que preocupados porque o parque empresarial de Melide segue sen depuradora por culpa dunha denuncia do PP,cando xa debería estar funcionando hai máis de un ano. Con respecto aos cartos dicirlle que o segundo convenio asinado coa Xunta para esta obra nunca foi ingresado nin un só céntimo nas arcas municipais.

  3. No caso de non sacar mayoria absoluta. Despois de estar 4 anos gobernando co psoe. Volverias a pactar con eles?.

    Agaradamos conseguir maioría absoluta pois estou convencida de que os melidenses saberán valorar o traballo feito nos últimos catro anos dende o equipo de seis concelleiros/as do BNG. Mais, no caso de non acadar a maioría absoluta podemos pactar sen ningún problema co PSOE pois temos demostrado que foi un pacto de goberno positivo para Melide.

  4. Sinceramente despois de pedir tantos prestamos, tanto o PP coma este goberno e de deber tantas facturas. Cres que se podera normalizar a situacion do concello algun día. Que poderemos chegar a decir como no caso doutros concellos, que non hai prestamos, que non hai facturas sen pagar, que Melide leva todo o día??

    Herdamos un concello en risco de insolvencia, tal e como se recolle no informe do Consello de Contas do ano 2006, polo que non foi nada doado afrontar esta situación vendo as enormes necesidades de todo tipo que presentaba o Concello de Melide cando conseguimos o goberno no ano 2007. Para solventar a situación económica do concello fan falta varios anos de axustes e aforro, pero non podemos deixar de investir en obras e servizos fundamentais dos que se carecía (saneamento, auga, iluminación, máis axuda no fogar, mellores equipamentos deportivos e escolares,etc).

  5. Despois dos éxitos acadados nos útimos catro anos, ¿Cales serán os obxectivos prioritarios para a seguinte lexistatura? Noraboa polo voso traballo e sorte

    Non teremos nesta campaña grandes proxectos nin obras estrela, senón que queremos continuar o traballo iniciado. Resulta imposible dar solución ás moitas eivas e necesidades que tiña Melide hai anos. Sirva como exemplo o dato de que fomos capaces de mellorar máis de 50 rúas de Melide, o cal demostra o mal que estaba Melide no ano 2007. Seguiremos apostando por mellorar a calidade de vida dos melidenses a todos os niveis.

  6. Vivo nunha parroquia melidense e fai 4 anos fun votante de BNG. Estou profundamente decepcionada coa sua xestión e pregúntome como foi capaz de invertir tanto no pobo e tan pouco no rural. ¿Esquenceuse das súas promesas de establecer un réxime de traida de augas municipal ou o establecemento de saneamento público? e non m diga q nalgunha parroquia o fixo pq a maioría non temos nada q agradcerlle

    Descoñezo a que parroquia se refire, pero podo dicirlle que se investiu no rural nestes últimos catro anos máis que nos 16 anos de gobernno do PP. Debe ter en conta que Melide tiña 25 parroquias sen saneamento, dito doutro xeito, o 100% do rural melidense carecía de saneamento no ano 2007. Hoxe xa están rematadas obras de saneamento en San Martiño, Folladela, Santalla, Os Anxeles, A Garea, entre outras. Tamén se fixeron, por primeira vez, obras de traída de auga en diferntes núcleso rurais e melloráronse sete locais sociais (Furelos, Piñor, Santalla, Xubial, Folladela, Leboreiro, Gondollín). Insisto en que catro anos é totalmente insuficiente para cubrir as moitas necesidades do rural que tantos anos estivo esquecido, pero continuaremos no empeño. Dicirlle tamén que nuns días comezarán as obras de sinalización total de todas as parroquias e lugares de Melide. Os feitos son feitos, supoño que descoñecía a información que lle acabo de facilitar e agardo poder contar novamente coa sua confianza para concluír a nosa decidida aposta polo rural .

  7. A miña noraboa pola xestión que levou a cabo no pobo. Conseguiron ordenar o tráfico e organizar moi ben a circulación na vila. As rúas teñen un asfalto digno de agradecer. Pero, ¿qué pasa coas pistas do rural? ¿por que aglomerado en quente para as ruas do pobo e gravilla para as pistas do rural? ¿porque todas as rúas con boa iluminación e as pistas só rozadas o día antes da festa?

    Estou dacordo con vostede que o ideal sería aplicar aglomerado en todas as vías do Concello de Melide, ben sexan urbanas ou rurais, pero debe saber que iso é imposible por motivos económicos e técnicos nalgúns casos. De todos os xeitos, debe saber que as pistas principais que unen, por exemplo, Maceda con Orois ou a que une Melide con A Garea foron amañadas copn aglomerado. Nunca antes se fixera tal cousa no rural. Nos próximos anos seguiremos coas melloras nas parroquias.

  8. Sería quen de manifestar os motivos "reais" que levaron a alterar a lista electoral de xeito tal que a metade dos seus actuais concelleiros atópanse agora como suplentes da mesma. De igual maneira plantéxose a cuestión de porque persoas que a acompañaron en 2007 rexeitaron facelo neste momento, constándome que tal rexeitamento tivo lugar.

    No BNG non decide unha soa persoa os membros dunha candidatura. Tanta a candidata como os restantes candidatos/as foron elixidos por votación en asemblea. Estou moi satisfeita co resultado final e creo que os melidenses saberán valorar a capacidade das novas persoas. Os concelleiros saíntes fanno exclusivamente por motivos persoais e familiares e para permitir tamén que outras persoas con máis tempo poidan dedicarse por completo á tarefa de gobernar e atender o concello. Teñen todos eles a miña máxima consideración e amizade e seguirán apoiando plenamente este proxecto.

  9. Fai 4 anos presentounos un programa ilusionante e unha candidata a alcaldesa afable e cercana cos seus concidadáns. A día de hoxe temos unha rexedora nada próxima aos melidenses. é consciente da pouca simpatía que por vostede manifesta a poboación, inclusive entre os seus propios votantes, dentro dos cales me incluín en 2007?

    Respecto a súa opinión. Tento facer o meu traballo do xeito máis digno e honrado que podo e dar solución aos moitos problemas que xorden a diario no concello. Asegúrolle que son moitos os veciños e veciñas de Melide que pasan a diario pola alcaldía e procuro sempre atendelos e solucionar os seus problemas da mellor maneira.

  10. Usted cuando era diputada provincial afirmaba que la Orquesta Sinfónica era muy importante para Melide y que había que potenciarla pues había sido injustamente tratada en los 3 últimos años del gobierno del PP y justo cuando es alcaldesa se la "carga" justificándolo por el hecho de que el gobierno del PP gastaba mucho en la Sinfónica de Melide ¿cual será su aptitud en el futuro?

    Como ben di, cando era deputada provincial descoñecía moitas e graves irregularidades que rodeaban á Sinfónica de Melide como por exemplo que varios dos músicos desa orquestra estaban contratados polo Concello de Melide como profesores do Conservatorio municipal sen nunca pisar dito centro. Non estaba disposta a que se seguira engañando ao pobo de Melide destinando cartos públicos a unha entidade privada, e moito menos estaba disposta a pagar 60.000 euros por unha actuación da orquestra nas festas do verán do San Roque como se nos pediu no ano 2008.

  11. Dado que a maioría dos investimentos que nestes catro anos se realizaron en Melide proveñen de fondos aportados polo goberno central (principalmente a través do Plan E), ¿qué debemos agradecerlle a esta corporación? ¿que obras levaron a cabo vostedes con fondos propiamente locais? enuméreos se é capaz

    Unha distribución honrada e eficaz dos recursos. Dicirlle que as obras do Plan E foron moi importantes, pero debe lembrar que con ese Plan estatal puidemos, por exemplo, amañar unha rúa, a rúa Galicia. A restantes 49 ( rúa Catasol, Doutor Fleming, Campos, et.... ) son froito da boa xestión e de tentar conseguir convenios e recursos con outras administracións. Moitas das obras executadas teñen sempre unha parte achegada polo Concello de Melide. Nas obras do POS da Depuatción da Coruña sempre temos que achegar o 5%, por exemplo

  12. Entendo q se atopou cnd comezou a gobernar cun edificio derrubado q era a nosa Casa da Cultura e q vai camiño d converterse no "Escorial Galego", ¿considera xusto a inversión millonaria q destinaron a tal obra tendo en conta o deplorable estado no que se atopan as pistas principais de cada parroquia? ¿tan esencial é rematar ese edificio a como dea lugar? DIGA A CANTIDADE INVERTIDA NSTA LEXISLATURA

    O derribo da Casa da Cultura foi o erro máis grave cometido polo PP e a súa reconstrución supuxo xa un investimento de máis de 1,3 millóns de euros nas tres fases executadas por nós nos últimos catro anos. Temos xa garantizado 500.000 euros do Ministerio de Cultura para rematala totalmente grazas a unha emenda presentada polos deputados do BNG no Congreso dos Deputados. Entendimos que había que rematala pois non é de recibo que Melide estea sen Casa da Cultura dende hai oito anos.

  13. Teño 24 anos e estudos universitarios rematados, con especialización incluída. E coma min moitas outras persoas en igual situación: a máxima formación e a mínima capacidade de emprego ou desenrolo en Melide. ¿para cando un plan serio para que as empresas ocupen o noso polígono? Que empresas se instalaron en melide nesta lexislatura e cantos postos de emprego xeneraron? concrete cifras por favor

    Entendimos que era prioritario mellorar o parque empresarial para facelo máis atractivo ás empresas. Conseguimos executar a ampliación do polígono, pois no ano 2007 non había solo industrial dispoñible, solucionamos o problema da escasa potencia da auga, entre outras melloras. Por aí houbo que comezar.
    Os vindeiros anos seguiremos investindo en melloras básicas das que carecía

  14. Usted criticó la contratación de personal por PP. Nada más llegar al poder contrata "a dedo" a una asesora de comunicación y jefa de gabinete. ¿Es necesario que un ayuntamiento como Melide necesite tanta parafernalia? ¿No le servía algún personal del existente?
    Criticó también el contrato por parte del PP del ex-secretario como asesor jurídoico ¿por qué lo sigue manteniendo después de 4 años?

    Podo dicir que, nunca antes houbo tanta transparencia e publicidade de todas as prazas. En canto a elixir a "dedo" dicirche que na administración pública existe a figura de persoal eventual, que é o caso da xornalista do Concello de Melide, Se de algo estou orgullosa no meu paso polo concello foi a de rematar coas prácticas clientelares do PP e de concursos escuros. A cantidade de persoas que se presentan a cada praza é o mellor xeito de demostrar que se fan ben as cousas.

  15. Pregunteille a candidata d PP q m dixse q propostas presenta para o rural e respostoum q facilitará o acceso a internet. Resposta irrisoria tendo en conta q a maior parte da poboación é d idade avanzada e non vai empregar dito servizo, aínda q util pra outra part d poboacion. Non propuxo nada máis. Q aporta vostede? pq debería votarlle? q PROPOSTAS CONCRETAS oferta ás nosas esquencidas parroquias?

    A mellora dos locais sociais foron o primeiro paso para conseguir un centros de reunión e atención a persoas maiores. Dotaremos aos centros do equipamento necesario para dinamizalos e darlles vida. Continuaremos, como dixen antes, coas obras básicas de saneamento, traída de augas, mellora de pistas,etc. Tamén implantarermos no rural o servizo de comedor sobre rodas para facilitar a vida dos maiores que viven sós, entre outras cousas.

  16. Dado o bo estado no que se atopaban as pistas de baloncesto que están onde o Multiusos, era imprescindible colocar alí as pistas de pádel? non considera que hobese sido máis coherente deixar aquel espazo como estaba polo servizo q prestaba e instalar ditas pistas de pádel en outro espazo? Tratábase de construír non tamén de destruír.

    Na parte traseira do multiusos, hoxe parque Rosalía de Castro, había unicamente unha pista cementada. Consideramos que os melidense merecen moito máis que iso se qureremos potenciar o deporte seguro. Hoxe temos dúas pistas de pádel, pista de multixogo, parque infnatil novo e unha remodelada zona verde que xa é o lugar favorito de maiores e pequenos. Tamén se actuou na pista de tenis situada detrás da piscina climatizada e alí pódese, ademais, practicar baloncesto. A poboación lémbranos con frecuencia que todo o realizado no Parque Rosalía de Castro foi enormemente positivo.

  17. Propóñolle que fomente a realización de debates entre os tres candidatos na radio municipal, ¿está disposta a levar a cabo esta iniciativa que, ó fin e ó cabo, non faría senón que reforzar a democracia e o coñecemento das propostas que cada partido oferta á cidadanía melidense?

    Por suposto, o cambio en Radio Melide foi enorme neste mandato. Onde antes, en época do PP, estaba prohibida a presencia do grupo da oposición, agora teñen o mesmo tempo radiofónico que o grupo de goberno. Teñen presenza nos informativos todos os grupos políticos e nas entrevistas, algo inédito ata o ano 2007.

  18. Temos un concello con +/- 8 mil habitantes e un centro médico que non ten nin pra facer unhas radiografías. ¿q pasou coa sua promesa de instalar un servizo tan básico coma ese? sábese que a xunta comprometeu un novo centro pero, ¿debemos esperar décadas pra ter un servizo tan esencial coma ese? ¿que solución aporta vostede as deficiencias que presenta o noso centro de saúde?

    Lamentablemente, o servizos prestados no Centro de Saúde é competencia exclusiva da Xunta de Galicia.
    Podo dicirlle que foron moitas as xuntanzas con diferentes responsables da Consellería tentando conseguir o que vostede fala. Aínda non o conseguín, pero continuarei no empeño de mellorar este servizo pero non porque fose unha promesa senón porque considero que é unha necesidade que debe ser atendida. A Xunta comprometeu un novo centro nunha xuntanza mantida comigo o ano pasado e agardo que cumpran a súa palabra.

  19. Boas tardes, despois dunha inversión considreable campo de fútbol MUNICIPAL¿por que se esta deixando esmorecer, con nulo mantemento -- o firme do devandito terreo de xogo-, o reado, o peinado eetc?, ¿canto tempo de vida lle quedará así o campo?, , ¿quen foi o iluminado que decidiu facer unha "reforma" dos antigos vestiarios, cando sería mellor facelos o carón da grada e que foran NOVOS ,

    Quen mellor pode trasladar o resultado das moitas obras feitas no campo de futbol (vestiarios, dobre de duchas, saneamento, auga quente) son os dous clubes de futbol que o usan cada día e con quen me reunín con frecuencia para facer o seguimento das melloras. Creo que a actuación desenvolvida foi moi necesaria e positiva.

 

Lamento non poder responder a todas as preguntas enviadas. De calquera xeito, recibirei encantada na alcaldía a calquera persoa que teña inquedanzas sobre o concello e sobre a xestión desenvolvida nestes intensos catro anos. Moitas grazas.