Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
MARÍA LUZ COUCE PICO // Xefa de Servizo de Neonatoloxía no CHUS. Pofesora Titular de Pediatría na USC

20

EL CORREO GALLEGO danos a oportunidade coma mulleres de facer unha pequena homenaxe á nosa terra no día de Galiza. O 25 de xullo celebramos o día da nosa Patria e esta vez na preentrada do ano xacobeo, do ano santo compostelán, o cal é sempre un motivo de xúbilo para tódolos galegos e galegas. Esta celebración fainos reflexionar sobre o importante que é sentirnos orgullosos das nosas raíces e implicarnos no presente e no futuro que desexamos para a nosa terra, e no que as mulleres temos un espazo que nos pertence por dereito propio para lograr unha sociedade máis xusta e igualitaria, sen fisuras de ningún tipo.

Nesta iniciativa que me ofrece este xornal e pola miña vinculación profesional ó sector sanitario, non podo deixar pasar esta oportun

idade de poñer en valor a labor de tódolos profesionais e da sociedade en xeral que enfrontaron moitos medos, romperon barreiras e superaron atrancos para vencer esta pandemia na que aínda nos atopamos. Por iso este ano é particularmente significativo debido á situación excepcional que vivimos e que parecía inimaxinable se non nos pasara, ainda que algúns de xeito illado xa nos alertaran dese risco: unha pandemia causada polo virus SARS-CoV2 que produce a enfermidade Covid-19 nunha alta porcentaxe de casos que nos levou a un estado de alarma e confinamento e que supuxo uns 10 millóns de infectados a nivel mundial e un gran número de falecidos.

Non cabe dúbida que o noso mundo fai frente a moitos desafíos e crises que ameazan a nosa seguridade, o desenvolvemento e a armonía social entre os pobos do mundo. A Covid-19 marcou un antes e un despois na nosa forma de ver as cousas e deixará unha impronta no noso pensamento para futuras accións. Agora os expertos, ante a falla actual de vacina e inmunidade de grupo, prevéñennos sobre o risco dunha segunda ou sucesivas ondas da pandemia, pero para entón estaremos mellor preparados, con maior coñecemento sobre cómo actúa o virus SARS-CoV2 e as autoridades sanitarias terán máis tempo para ter establecido un plan de continxencia. Os galegos debemos actuar como adoitamos facer sempre: con responsabilidade, prudencia, moderación, sentido común e autocrítica, tendo moi presentes as medidas sanitarias recomendadas de manter a distancia entre persoas, lavado de mans e o uso de máscaras, sen relaxarse, e que isto supoña tamén unha forma de respeto cara as víctimas que esta pandemia se levou por diante. Este 25 de xullo o noso sentimento vai estar dividido, por un lado a satisfacción de que xuntos e unidos temos conseguido frenar a primeira onda, sendo dos primeiros en alcanzar unha situación controlada, pero por outro de mágoa polo acontecido a nivel humano, laboral e social e de preocupación polo que aInda pode chegar. A situación de crise económica derivada desta pandemia que está a afectar a moitos sectores da sociedade non nos pode deixar indiferentes.

24 jul 2020 / 18:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito