Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 11 agosto 2022
13:40
h
ENERO 2001

O pintor coruñés García Patiño, "Galego do Mes" de xaneiro en El Correo e O Correo

As redaccións de EL CORREO GALLEGO, 'O Correo Galego' e Radio Obradoiro decidiron por unanimidade elixir como 'Gallego del Mes' de xaneiro a Antonio García Patiño pola súa dilatada traxectoria pictórica, de estilo definido e intransferible en tódalas súas obras.

Considerado un dos máis creativos e orixinais pintores galegos na actualidade, Antonio García Patiño pertence a ese reducido grupo de artistas creadores e analistas ó mesmo tempo, que na súa faceta pictórica indagan en si mesmos, no ser humano e en todo canto os rodea, aspectos que foron valorados polos membros das redaccións para outorgarlle o galarDón ó pintor.

Nun artigo que lle dedicou Gonzalo Torrente Ballester, destacaba que a galeguidade a García Patiño lle vén do seu modo de ve-la realidade, "lastrado dunha historia que ata hai moi pouco tempo se manifestou en formas literarias e que só no último século, sempre coa literatura como guía, buscou, e encontrou ás veces as formas galegas do plástico''.

Ademais, Torrente Ballester indicaba que "Antonio García Patiño, antes de ser galego, antes de ser coruñés, era un artista; o galego, o coruñés, viñeron máis tarde, pero hoxe sérvennos para distinguir este autor doutros que miraron a mesma realidade, pero que atoparon nela formas e cores distintas''.

Desde o punto de vista de Carlos Arean, o máis importante en Patiño "é a alquimia sutil coa que baralla todos estes elementos e a habilidade con que os dosifica ata crear unha obra que é tan estrictamente persoal que permite identificala ó primeiro golpe de vista, sen necesidade de le-la firma.

Neste sentido, engade que "a pesar da aludida agresividade de moitas das formas de recorte, o resultado final é relativamente calmo e sen que os coeficientes de ansiedade resulten demasiado intensos''.

Outros destacados críticos pictóricos destacan como un dos factores dominantes na pintura de García Patiño, "a forza e a expresividade do debuxo, ó servicio dunha composición moi planificada, moi construída das súas figuras, e cun transfondo de inspiración dos temas que xace na remota realidade dalgunhas civilizacións, e de maneira colateral, na actitude estética dalgún pintor, como Pablo Picasso''.

Por outra parte, e entre as características comúns entre a pintura galega e a de Patiño, destaca a utilización de cores planas, un relativo hieratismo, e incluso un sincretismo trasladado desde un movedizo campo filosófico no terreo menos escorregadizo da plástica.

Por último, cabe destaca-la súa admirable capacidade creativa, non só en canto á cantidade, senón tamén á orixinalidade do tratamento de cada unha das súas obras.

Respecto

Do extenso currIculum que acredita a obra de García Patiño, cabe sinalar que foi distinguido co Segundo Premio de pintura da Delegación do Ministerio de Información e Turismo.

07 dic 2020 / 23:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito