Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
ENERO 2004

José Ángel Docobo é distinguido como 'Galego de Xaneiro'

O director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller en Santiago de Compostela, José Ángel Docobo, foi designado Galego do Mes polas redaccións de 'El Correo Gallego', 'Galicia Hoxe' e 'Radio Obradoiro' en recoñecemento ó seu labor científico e divulgativo, ó achegar ó público os principais fenómenos astronómicos e meteorolóxicos rexistrados nos últimos anos: alma dun centro con máis de 61 anos de vida.

As redaccións de EL CORREO GALLEGO, GALICIA HOXE e a emisora Radio Obradoiro dedideron conceder o premio Galego do Mes de Xaneiro a José Ángel Docobo, director do Observatorio Meteorolóxico Ramón María Aller. O galardón é un recoñecemento a un infatigable labor investigador, que sempre conciliou coa preocupación pola divulgación. A través de innumerables xornadas de portas abertas e decenas de artigos permitiulles ós composteláns achegarse ós principais fenómenos astronómicos e atmosféricos rexistrados nos últimos anos.

José Ángel Dobobo, licenciado en Matemáticas, doutorouse en Astronomía en Zaragoza. En 1983 tomou as rendas do Observatorio Ramón María Aller, un centro fundado hai sesenta e un anos a partir do legado do astrónomo pontevedrés, do que recibiu o seu nome. Aínda que boa parte dos instrumentos, adquiridos por Aller gracias a herdanzas familiares, seguen en uso, o impulso que o actual director imprimiu ó centro logrou que pouco a pouco o equipamento do recinto fose mellorando ó tempo que medraba o seu prestixio como centro de investigación. O equipo do Ramón María Aller conta co estatus de excelencia investigadora, que a Xunta lle concedeu en 2001, publicou artigos en numerosas revistas científicas en colaboracion con observatorios de todo o mundo. O centro ten en marcha na actualidade varias liñas de investigación, entre elas unha dedicada ás estrelas dobres, un campo que xa iniciou o seu fundador.

Paralelamente ó labor científico, o Observatorio fixose un oco na vida da capital galega gracias ós artigos de Docobo, as xornadas de portas abertas e tamén á colaboración constante cos medios de comunicación, dando conta tanto de datos meteorolóxicos de relevancia como de fenómenos astronómicos. O director Ramón María Aller quere afondar neste labor de divulgación. Aproveitando a instalación dun potente telescopio, que permitirá maiores posibilidades de traballo ós investigadores, ofreceu ó Concello a posibilidade de pór en marcha un programa que abra o recinto ás visitas con observacións nocturnas.

07 dic 2020 / 22:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito