Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Fundación Rosalía de Castro, elixida Gallego de Noviembre

A distinción recae no centro polo labor de conservación da memoria da escritora e o fomento da lingua e cultura galega

Polo seu labor na conservación da memoria da escritora, da divulgación da súa vida e obra e polo fomento da lingua e da cultura galega, as redaccións de EL CORREO GALLEGO, Galicia Hoxe, Tierras de Santiago, Radio Obradoiro e Correo Televisión acaban de elixir de xeito unánime como Gallego del Mes de Noviembre a Fundación Rosalía de Castro.

Asentada en Padrón, está situada na Matanza, na casa onde viviu e morreu Rosalía de Castro e os seus principais fins pasan pola conservación do inmoble, o extraordinario xardín e os demais edificios que compoñen este conxunto monumental.

O coidado do mobiliario, pertenzas e recordos persoais da escritora, así como a conservación da súa ampla biblioteca é outro dos obxectivos da fundación presidida dende hai seis anos por Helena Villar Janeiro, que tamén destacou como un dos fins primordiais do centro o aumento do uso do idioma galego polo que todas as actividades promovidas van orientadas á promoción desa lingua o que non impide de xeito ningún que se promocione a obra escrita en castelán de Rosalía.

Neste sentido, ela mesma dixo que para a fundación rosaliana, a concesión deste premio é "un enorme agasallo e unha grande alegría", porque supón "o recoñecemento dos nosos obxectivos cos medios que temos".

Este premio recae na fundación rosaliana coincidindo co 125 aniversario do pasamento da escritora do Sar e Helena Villar destacou sobre todas as demais actividades do centro que preside, as vencelladas coa divulgación da figura de Rosalía. Neste sentido, o máis importante, en opinión da presidenta son as actividades realizadas, dúas ou tres cada mes, en conmemoración de datas rosalianas ou aquelas que veñen recomendadas polas grandes institucións culturais (Día da Paz, Día do Libro, Día da Poesía...) e un traballo específico coas comunidades educativas de Galicia ás que se lles propón Rosalía como centro de interese da súa actividade escolar.

Helena Villar Janeiro destacou igualmente a promoción e a edición de libros da autora e estudos que aclaran a súa biografía ou analizan a súa obra. Apuntou que, recentemente, reeditouse a súa Antoloxía bilingüe, Las Orillas del Sar e a selección de Pensamientos, así como unha bibliografía para os máis cativos que está a ter unha grande acollida. Ademais, apuntou a promoción de creatividade poética e artística vinculafada a Rosalía por medio da publicación anual de Poetas con Rosalía (5ª edición en 2010) na que participan poetas actuais e cada unha personalidade de fóra de Galicia.

¿O futuro? Helena Villar dixo claramente que o centro que preside "quere seguir á fronte das referidas actividades pero todo depende do financiamento e de que a Consellería da Cultura recapacite". A presidenta apuntou que o proxecto máis importante é remodelar o museo, para un centro que acolle arredor de 50.000 visitantes anuais.

A Fundación Rosalía de Castro, en palabras de Helena Villar ofrece, seguir traballando para "conservar Rosalía ergueita como facho dun pobo unido no seu recordo".

tendencias@elcorreogallego.es

Padroado con máis de seis décadas

••• Desde que en 1990, o tamén padronés Camilo José Cela inaugurou os Gallegos del Año, esta é a primeira ocasión na que o Grupo Correo Gallego lle concede o premio a unha fundación. Pero, historicamente, as orixes deste centro hai que buscalas décadas atrás. O Padroado Rosalía de Castro, fundado en 1947 en Santiago, transformouse en Fundación Rosalía de Castro o 29 de decembro de 1995. Os seus estatutos foron legalizados pola Xunta de Galicia en decembro de 1997.

É unha organización de interese galego que ten como finalidade fomentar e difundir o culto á memoria de Rosalía, de Manuel Murguía e dos seus fillos. No seu amplo marco de divulgación da lingua galega, a fundación acolle o acto de entrega do Pedrón de Ouro, creado en 1964, co que se distingue aquelas entidades ou personalidades, vivas e residentes en Galicia; e o Pedrón de Honra, para persoas vivas ou institucións que están fóra da nosa terra. Este 2010, no que se cumpren 125 anos do pasamento da escritora, resáltase aa Rosalía máis feminista. O día 17 de de- cembro celebrarase en Santiago unha homenaxe, continuación da que se fixo hai semanas en Madrid destacando a Rosalía como firme defensora dos dereitos das mulleres no século XIX.

07 dic 2020 / 08:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito