Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A VII Carreira Camiño das Letras reúne a douscentos participantes

A proba xunta a práctica deportiva coas letras e o simbolismo do Camiño de Santiago

Santiago. A directora xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez entregou onte os recoñecementos aos participantes na VII edición da Carreira Camiño das Letras.

Esta competición une a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e co simbolismo do Camiño de Santiago,contribuíndo así a pór en valor a través do deporte o patrimonio cultural galego. Nas distintas categorías da proba participaron un total de 200 corredores, límite marcado nesta edición por parte da organización ante a situación sanitaria actual.

Promovida por Xurdir S.L. co apoio da Xunta de Galicia, a carreira partiu do Pico Sacro, no concello de Boqueixón, seguindo un percorrido de 15 quilómetros a través da Vía da Prata, ata a súa meta na Cidade da Cultura, onde tivo lugar a entrega de premios -consistentes nun trofeo conmemorativo e un lote de libros-.

Houbo douss circuítos: unha carreira de 15 kilómetrosdesde o Pico Sacro, seguindo o Camiño do Sueste - Vía da Prata, ata a Cidade da Cultura; e unha segunda carreira de 5 kilómetros con percorrido polo Gaiás e polo Bosque de Galicia. Tamén como en todas as edicións realizaronse carreiras infantís en diferentes categorías.

Todas as persoas participantes tiveron como agasallo un libro e o diploma Camiño das Letras e os nenos recibiron unha medalla conmemorativa da carreira.

Este evento inclúese no amplo programa de actividades que o Goberno galego organizou este ano arredor do 17 de maio, con Xela Arias como referente. ECG

18 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito