Xa está operativa a nova EDAR de Boqueixón: triplica a súa capacidade e depura as augas residuais de Sergude e Lestedo
As instalacións supuxeron un investimento de 1,8 millóns de euros e permite dar servizo a 3.000 habitantes

Ovidio Rodeiro, terceiro pola esquerda, durante a visita á EDAR de Sergude / Cedida
O Concello de Boqueixón acaba de poñer en marcha as instalacións da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Sergude, inaugurada o pasado mes de febreiro tras un investimento de 1.810.427 euros. Estas instalacións permitirán optimizar o tratamento das augas residuais nas parroquias de Sergude e Lestedo, triplicando a capacidade de tratamento da anterior depuradora.
O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro; o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Munín, e o responsable municipal de Obras, Juan Corral, asistiron á posta en servizo destas novas instalacións, acompañados por persoal técnico das empresas Espina e Delfín, responsable da xestión do ciclo integral da auga no municipio, e Vázquez y Reino, firma encargada da construción da nova depuradora.
"Coa recente incorporación das augas residuais de Lestedo, as novas instalacións xa se atopan totalmente operativas e permitirán dar un salto de calidade na defensa do noso medio ambiente xa que se trata dunha depuradora moderna e eficiente, deseñada para acadar o mínimo vertido", indicou o rexedor. Para iso, a nova EDAR de Boqueixón conta con dúas liñas de depuración: unha para a auga e outra para os lodos.

Visita á depuradora de Sergude / Cedida
A depuradora de Sergude conta cunha primeira estrutura de pretratamento da auga que permite separar en tres contedores diferentes os residuos sólidos, as graxas e as areas. Acto seguido, sitúase o tratamento biolóxico, cunha capacidade media de 44 metros cúbicos de auga por hora, se ben pode chegar a tratar picos de ata 81 metros cúbicos. Ademais, en caso de choivas torrenciais que puideran superar o caudal máximo de tratamento, a nova EDAR de Boqueixón conta cun depósito de retención ou tanque de tormentas ao que se podería enviar o exceso de auga.
O tratamento biolóxico estará conformado por un sistema de lodos activados por aireación prolongada de baixa carga, que contarán con dous axitadores para a produción de osíxeno. O seguinte proceso é o da decantación secundaria, integrado por dúas liñas onde os lodos sepáranse por gravidade a un pozo de bombeo para a súa posterior deshidratación e tratamento por un xestor autorizado.

Instalacións da EDAR de Sergude / Cedida
Estas novas instalacións permiten triplicar a capacidade da depuradora de Lestedo, construída en 1991 e cunha capacidade de 1.000 habitantes, o que era insuficiente para tratar a totalidade das augas residuais procedentes desta parroquia. Mentres, a nova EDAR de Sergude ten capacidade para dar servizo a unha poboación de ata 3.000 habitantes, o que lle permitirá tratar as augas residuais das dúas parroquias.
Esta nova depuradora supuxo un investimento de 1,8 millóns de euros, financiadas a través dun convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Boqueixón, no que o Goberno galego asumiu arredor do 80% da inversión. Pola súa banda, o Concello de Boqueixón achegou máis de 360.000 euros, puxo a disposición os terreos necesarios e asume agora o mantemento das instalacións.
- Natalia Dicenta, de vuelta en Santiago: «Tuvimos casa en Galicia y para Lola y para mí, esta tierra es muy querida»
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- El vecino de Madrid desaparecido en Muxía dejó una nota de despedida en su coche
- La Sala Malatesta vuelve a cerrar y anuncia que luchará en los tribunales
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- La brutal paliza al camarero del pub Bloom de Santiago salta a la escena nacional
- El mayor mercado de moda vintage aterriza en Santiago: miles de prendas de ropa de marca a tan solo 9 euros
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
