Muros crea un banco solidario de préstamo de materiais adaptados para persoas con dependencia ou discapacidade
A iniciativa complementa o banco municipal de material adaptado, posto en marcha con gran éxito o pasado verán

Mario Martínez e María Lago. / Cedida
O Concello de Muros puxo en marcha o pasado verán o seu banco municipal de material adaptado, un servizo que está funcionando con éxito e reforza agora co banco solidario de préstamo de materiais adaptados.
Neste caso, trátase dun servizo municipal para recoller doazóns de materiais adaptados en bo estado e prestalos gratuítamente a outras persoas en situación de dependencia ou discapacidade en Muros.
“Esta iniciativa da área municipal de Servizos Sociais impulsa a solidariedade comunitaria e contribúe á reducción de custos para as familias, fomenta a sostibilidade, a rapidez á hora de atender as necesidades que xurdan e a mellorar en xeral dos servizos sociais”, asegura a alcaldesa, María Lago.
“A diferenza do banco que puxemos en marcha no verán, con material aportado polo Concello, neste caso promovemos a doazón de materiais ortoprotésicos ou axudas técnicas en bo estado cando xa non se necesitan”, explica Mario Martínez Lago, concelleiro de Servizos Sociais.
"Desta forma, melloramos a vidas das persoas dependentes e axudamos ao persoal do Servizo de Axuda no Fogar", engaden a alcaldesa e o concelleiro de Servizos Sociais.
Poden beneficiarse deste novo banco as persoas residentes en Muros con necesidades de autonomía persoal, avalíadas polos Servizos Sociais. O préstamo é temporal, para axudar en situacións de dependencia.
Pódense doar camas hospitalarias, grúas articuladas, sillas de rodas, muletas e andadores, colchóns antiescaras, cadeiras de baño e outros materiais necesarios para as persoas dependentes. O persoal do concello encargarase da recollida e a entrega do material.
Para realizar unha doazón, é necesario contactar coa concellería de Servizos Sociais chamando ao 981 762 465 ou enviando un email a servizos.sociais@muros.gal.
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- De la verbena gallega al Benidorm Fest: un joven de Carballo quiere «mostrar el talento que hay en Galicia»
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- El Sar se desborda en Bertamiráns y a la crecida del Tambre y Gallo se unen la del Cambeda, Bermaña y Xundarama
- Fallece a los cien años el empresario pobrense Severino Escurís Batalla
- El mal tiempo impide acabar la autovía Santiago-Lugo en plazo: 'Llevamos treinta y pico días sin dejar de llover