EDUCACIÓN
A reforma do CEIP Praia Xardín de Boiro mellorará un 38% a súa eficiencia enerxética
A previsión da Xunta é que a rehabilitación integral remate a principios de 2027

Román Rodríguez con escolares durante a visita ao CEIP Praia Xardín, de Boiro. / X. G.
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou hoxe o Colexio Plurilingüe Praia Xardín, en Boiro, para presentar o proxecto de rehabilitación integral, que a Xunta vén de adxudicar por máis de 1,1 M€ á empresa Orega. A previsión é que a obra remate a principios do ano próximo.
Entre os principais beneficios da actuación, o titular do departamento educativo da Xunta destacou a mellora da eficiencia enerxética do centro en case un 38%.
"Este tipo de intervencións permítennos non só mellorar o confort térmico da comunidade escolar no seu día a día, senón continuar avanzando no noso obxectivo de acadar uns centros de ensino máis respectuosos co medio ambiente, tal e como establece o Plan de nova arquitectura pedagóxica entres as súas prioridades", destacou o conselleiro.

O conselleiro de Educación, profesores e alumnado do CEIP Praia Xardín. / X. G.
Román Rodríguez puxo en valor o esforzo que o Executivo autonómico está a realizar na renovación e modernización dos edificios educativos ao abeiro deste plan. De feito, como recordou, "os Orzamentos deste ano contemplan un investimento total en obras educativas de 73,6 M€, un 4% máis ca o ano pasado", detallou.
O conselleiro reiterou, ademais, o compromiso do Goberno galego co Barbanza grazas a un investimento de máis de 8,5 M€ en obras nos colexios e institutos desta área no marco do Plan de nova arquitectura pedagóxica.

Román Rodríguez durante a súa visita ao CEIP Praia de Xardín. / X. G.
Destacan as rehabilitacións integrais do IES da Pobra do Caramiñal (2 M€), do IES Plurilingüe Fontexería (Muros, 1,4 M€), do CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1 M€) e do CEIP Plurilingüe de Frións (Ribeira, 655.000€). Ademais, acaba de adxudicarse o peche lateral da pista deportiva do IES Porto do Son (267.000€). No que atinxe ao concello de Boiro, acometeuse o cambio da cuberta do instituto da localidade (422.000€), así como a do Colexio Santa Irene (260.000€).
Novas cubertas e fiestras
A obra no CEIP Plurilingüe Praia Xardín inclúe a instalación dunha nova cuberta de 2.034 m² de panel sándwich con illamento de la de roca, así como a renovación dos canlóns e baixantes. Tamén se aplicará sistema de illamento térmico polo exterior tipo SATE nos 1.777 m² de fachadas e colocaranse 132 fiestras novas de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre. Xa no interior, instalaranse 509 luminarias led e 115 de emerxencia e 71 novas portas con folla de alma de poliuretano e laminado fenólico e falsos teitos.
Alumnos alemás
Durante a súa visita ao centro boirense, o conselleiro tivo a oportunidade de saudar a un grupo de 10 alumnos da escola Burgbreite Wernigerode (Wernigerode, Alemaña) que están a coñecer o sistema educativo galego ao abeiro do programa Erasmus+. Os alumnos do CEIP Plurillingüe Praia Xardín visitaron previamente este centro no mes de marzo.
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- El alcalde de Ames califica de excepcional la escasez de agua y pide tapar provisionalmente la fuga en la presa de A Ponte Maceira
- La maldición de las nubes en la costa de Lugo: 'Aquí tenemos el eclipse más largo porque ya empezó a las 8 de la mañana
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Los viajes de fin de etapa cambian su rumbo en Santiago: las agencias digitales impulsan el Interrail y los 'Pasos de Ecuador' para celebrar el fin de etapa
- Retenciones de hasta 6 kilómetros en Padrón
- La ruta aérea Santiago-Nueva York consolidará su presencia en Lavacolla