El Correo Gallego

Foto 1 de 10

Obradoiro 'O gravado 3D'

Firma RIBEIRA

Esta fin de semana tivo lugar no Museo do Gravado de Artes (Ribeira) o segundo Obradoiro de Gravado impartido polo catedrático da Universidade de Salamanca, D. José Fuentes Esteve. O obradoiro levaba por título O Gravado 3D e realizárono 12 artistas procedentes das catro provincias galegas, entre eles artistas do Barbanza. O curso tivo lugar o venres 25, sábado 26 e domingo 27 de xaneiro no taller de gravado do Museo. Xunto co profesor Fuentes, desprazáronse de Salamanca as colaboradoras Matilde Gómez Osuna e Luísa Fernanda Gallego Núñez. No curso colaboraron tamén 2 voluntarios da Escola de Belas de Pontevedra. O resultado deste curso foron 24 obras realizadas con polpa de papel fabricada durante o proceso, que xunto coas outras 24 do primeiro curso serán expostas en distintos lugares de España e Portugal, comezando a exposición no Museo do Gravado de Artes en abril deste ano.