El Correo Gallego

Foto 1 de 5

XXXVII Carreira Pedestre da Amaia - Brion

Firma Nós Comunicación

A extremeña Mónica Gutiérrez Pagador proclamouse gañadora en categoria femenina da XXXVII Carreira Pedestre da Amaia (Brión). Unha proba disputada na tarde/noite de onte sábado e que rexistrou o seu récord de participación: 529 atletas, 98 máis ca na edición anterior e case o dobre do rexistrado hai tan só cinco anos. Un récord que xa se albiscaba co peche das inscricións (569), pero é que ademais o tempo acompañou e fixo que o índice de baixas fose mínimo, pois só faltaron 40 atletas inscritos.