Libraría Couceiro: A lavandeira de San Simón
A libraría Couceiro aconsella o álbum ilustrado ‘A lavandeira de San Simón’, da autoría de Eva Mejuto con ilustracións de Bea Gregores. Trátase dunha historia sobre o acontecido na illa de San Simón durante a Guerra Civil española, que foi un penal onde estiveron presos máis de seis mil homes. Das aldeas dos arredores moitas mulleres axudaron aos presos, levándolles comida e roupa limpa. Unha acción altruísta que debemos lembrar.
27 nov 2020 / 00:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito