Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 28 febrero 2021
02:28
h

Libraría Couceiro: Fiz Vergara Vilariño. Fotobiografía

Como unha reivindicación dunha voz que cómpre lembrar, Yago Rodríguez Yañez recopila nesta fotobiografía a vida e obra de Fiz Vergara Vilariño, poeta lugués nacido en 1953 e falecido moi novo a causa dunha enfermidade. Neste repaso pola vida do escritor, o autor vainos conducindo con minuciosidade e solvencia tanto polos aspectos vitais como, sobre todo, polos literarios onde repara coa atención precisa nos seus primeiros pasos, deténdose en todas as publicacións en forma de libro.

Unha publicación que destaca polos documentos adxuntos: fotografías, debuxos a cargo de Margarita Rodríguez Yañez ou documentos.

Editado pola editorial Galaxia, é a recomendación de hoxe da Libraría Couceiro.

22 ene 2021 / 00:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito