Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Libraría Couceiro: O infinito nun xunco

«O infinito nun xunco» é un libro sobre os libros. Os libros e a súa historia, os libros e o seu nacemento, os libros e o seu impacto social. Irene Vallejo condúcenos a través dunha fascinante viaxe pola historia dos libros, ese asombroso artefacto que atravesou o espazo e o tempo. Ao longo de trinta séculos, a fabricación dos libros botou man do fume, da pedra, do barro, dos xuncos, da seda, da pel, das árbores e, finalmente, do plástico. Esta é unha abraiante aventura colectiva protagonizada por miles de persoas que ao longo dos séculos fixeron e protexeron libros.

09 abr 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito