Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Novo centro de saúde do Milladoiro

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou hoxe o novo centro de saúde do Milladoiro, no Concello de Ames.

Feijóo dixo que este novo centro de saúde “é modélico, probablemente non só en Galicia, senón en toda España”. “Vén para saldar unha débeda que tiñamos co Concello de Ames, un dos de maior crecemento poboacional”, engadiu, e aproveitou para felicitar aos seus veciños ao tratarse dun dos municipios con maior porcentaxe de natalidade; “o cal significaba que tiñamos que actuar dunha forma clara”.

A instalación conta cunha superficie de máis de 2.100 m2, que quintuplica a do centro de saúde actual -uns 400 m2-, cunha mellora da accesibilidade e cun esquema de espiña de peixe, con patios arborizados, o que favorece a práctica asistencial e tamén o confort do persoal sanitario, que traballará en dúas quendas -mañá e tarde-.

O edificio, segundo detallou o titular do Goberno galego, está composto basicamente dunha planta e está estruturado en bloques: un para a área de muller e para a de pediatría; tres bloques para consultas de adultos, nas que se incorpora o novo servizo de odontoloxía; e un último bloque para o novo servizo de fisioterapia e rehabilitación.

“Son 2,6 millóns de euros de investimento”, destacou sobre un centro do que se beneficiarán 15.000 pacientes.

08 ene 2021 / 17:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito