El Correo Gallego

Noticia 11 de 23 noticia anterior de Viaqua Especiales » Galicia Empresas » Viaqua

Novidades no V Certame Literario “Relatos de auga intelixente”

O concurso de Viaqua cambia a temática, centrándose na importancia da auga como recurso escaso e imprescindible para vivir // Desenvolverase durante o último trimestre do ano

04.10.2018 
A- A+

Por quinto ano consecutivo Viaqua lanza o V Certame Literario “Relatos de auga intelixente”. O obxectivo deste concurso literario é a difusión da cultura da auga e implicar aos mozos no uso sostible deste recurso escaso e o coidado do medio ambiente a través da literatura. Está dirixido a alumnos e alumnas de entre 12 e 17 anos, que cursen estudos de ESO ou Bacharelato/FP situados en centros educativos nos que Viaqua presta o servizo de xestión da auga.

O certame, desenvolverase durante o último trimestre do ano, sendo o 31 de decembro a data límite de recepción de microrrelatos. Como novidades desta edición cambia a temática, centrándose na importancia da auga como recurso escaso e imprescindible para vivir. A finalidade é, a través dun relato non superior a 200 palabras, concienciar sobre os problemas sociais, económicos e ambientais derivados dunha mala xestión deste recurso, así como as medidas de aforro e eficiencia que se poden empregar nas cidades e no noso día a día, para conseguir vivir nun mundo máis sostible.

Así mesmo concederase un accésit ao relato co formato máis orixinal e un premio ao centro escolar que maior participación de alumnos rexistre.

Consulta todos os requisitos e premios nas bases en www.viaqua.gal