San Sadurniño: rei do compost
Os veciños autoxestionan os residuos e os reutilizan para fertilizar as súas hortas e zonas verdes

Kiko Delgado / P. Hermida
P. Hermida
Os ratos de campo saben perfectamente que as patacas e os tomates non se tiran, aínda que estén podres. Todos eses refugallos orgánicos forman montañas nas leiras, mesturados con mondas de plátanos e bosta das vacas: o esterco como o mellor fertilizante para as hortas. Antes chamábase simplemente abono, agora compost. E esta técnica tradicional recupérase con forza en concellos galegos como o de San Sadurniño, que onte inaugurou a súa nova área de compostaxe comunitaria.
O composteiro de 1.400 litros de capacidade ubícase no lugar de Outeiro, no mesmo centro urbano preto das cafeterías e as tendas. Como indica o alcalde Secundino García Casal (BNG), "no programa, desenvolvido en colaboración con Adega e a Consellería de Medio Ambiente, participan poucos concellos de Galicia". San Sadurniño intégrase a partir dagora no sexteto do compost: completado por Santiago, Cambre, Poio, Fene e Bueu. Os veciños deste concello de Ferrolterra xa puideron comprobar o mecanismo. Nestas instalacións introdúcense os restos orgánicos e os vexetais, procedentes das casas, parques e xardíns. Segundo indica María Xosé Castro (Adega), "no interior realízase o proceso aerobio de descomposición que terá como resultado a obtención de compost". Os veciños chegan coas sobras das súas cociñas e seguen as instruccións do composteiro, que conta cunha área para depositar herba e follas secas. Na inauguración de onte, o supermercado Outeiro aportou restos de comida e o mesón O Ferrador os posos do café.
O abono resultante desta mistura non só se destinará a fertilizar as hortas e xardíns dos participantes. Tamén se derivará ás "zonas verdes do concello, como por exemplo a horta ecolóxica", como indica a concelleira de Medio Ambiente e Servizos, Amparo Calvo. Nesta horta ecolóxica atópanse 250 variedades de árbores froiteiras da comarca, como cereixas negras do San Cristovo, ameixas collón de frade negro, pexegos Maniños, peras rabudas de cedo ou mazás coiro de sapo.
O sistema modernizado do compost non é novo para este concello. Como lembra Amparo Calvo, "dende hai tres anos, San Sadurniño ten 60 composteiros repartidos polas parroquias". Ademáis, o Goberno local xa ten "programada unha segunda campaña, mesmo hai veciños en lista de espera". Na nova área de compostaxe comunitaria, "os propios veciños terán que remexer o lixo orgánico unha vez por semana, e o personal da xardinería municipal tamén colaborará". Estas instalacións perseguen "fomentar a educación ambiental, reducir a cantidade de residuos, lograr un aforro económico". Os veciños indican que "isto era o que facíamos nas casas, botar os restos das patacas para facer esterco".
Un nativo de Ferreira, Antonio Hermida, explica o procedemento do compost tradicional: "Fas unha pila cos restos da comida, herba, mazás podres, moito mellor se hai excrementos das vacas... Ao cabo de oito días, fermenta e xa se descompón... o mellor é que durante ese tempo non chova para que non se bote a perder". O concello é un dos máis ecolóxicos de España, segundo a Fundación Biodiversidad.
phermida@elcorreogallego.es
- El 40% de las comunidades de vecinos gallegas registró solicitudes para prohibir los pisos turísticos
- La maldición de las nubes en la costa de Lugo: 'Aquí tenemos el eclipse más largo porque ya empezó a las 8 de la mañana
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- Media Galicia en alerta roja por calor mientras en este rincón sacan el paraguas: van más de 14 litros de lluvia acumulada este sábado
- Laureano Oubiña estalla tras el veto de la Xunta a su ruta del narcotráfico: 'Quieren que vuelva a las andadas
- Aemet despeja la gran duda del eclipse en Galicia: casi todo el cielo estará despejado salvo en una zona
- El PP pide al Gobierno que rectifique su decisión de excluir a Galicia del plan estatal de ancho de vía internacional
- Fueron a Montalvo por el eclipse y el mar les regaló otro espectáculo: 'Fue una noche que vamos a recordar siempre