Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Urbanismo desbloquea os plans para Travesía do Porto e Galdrachán

Estes trámites urbanísticos, que benefician ao núcleo do Milladoiro, foron aprobados provisionalmente pola Xunta de Goberno Local de Ames en agosto

REDACCIÓN. AMES

A Comisión Superior de Urbanismo de Galicia vén de informar favorablemente sobre a modificación puntual dos plans parciais do S-14 ?Travesía do Porto norte? e S-16 ?Galdrachán?. Estes xestións urbanísticos, que benefician ao núcleo do Milladoiro, foron aprobados provisionalmente pola Xunta de Goberno Local de Ames o pasado mes de agosto e remitidos á Comisión Superior de Urbanismo de Galicia. Tras recibir o visto bo da Xunta de Galicia, agora procede a súa aprobación polo pleno.

O desbloqueo deste tema urbanístico prioritario amosa a preocupación do Goberno amiense polo núcleo do Milladoiro, xa que en pouco máis dun ano tramitáronse as modificacións nos sectores S-14, S-16 e o plan parcial S-15. Ademais, estanse dando os pasos necesarios para poñer a disposición da Xunta de Galicia unha parcela coa que poder dotar ao Milladoiro dun novo centro educativo. Precisamente, a Xunta vén de emitir informe favorable sobre este plan especial que permitirá a posta en marcha dun novo CEIP.

O pasado mes de agosto, a Xunta de Goberno Local procedeu á aprobación provisional da modificación puntual dos plans parciais do S-14 ?Travesía do Porto norte? e S-16 ?Galdrachán?. O obxectivo desta modificación puntual é redistribuír as zonas de uso público e os espazos verdes públicos destes dous sectores para poder xuntalos. Deste xeito, conséguese unha parcela para construír un novo equipamento público de grandes dimensións e reorganizar os espazos verdes públicos, tan escasos na zona do Milladoiro. Con esta modificación conséguese darlle maior magnitude e dimensión tanto as zonas verdes como as parcelas destinadas a equipamentos de uso público.

O ámbito de modificación abrangue arredor de 36.000 metros cadrados destes dous sectores do Milladoiro. Un total de 22.000 metros cadrados corresponden ao plan parcial do sector S-14 ?Travesía do Porto norte? e algo máis de 14.000 metros cadrados corresponden ao plan parcial do sector S-16 ?Galdrachán?. Esta xestión urbanística permite a unión dos espazos dedicados a uso público de ambos os dous sectores.

Como consecuencia desta xestión urbanística xorde unha área de equipamento provinte da fusión de áreas de dous sectores de solo (S-14 e S-16). A parcela resultante suma unha extensión de 8.201 metros cadrados. Esta parcela podería acoller un só equipamento de grandes dimensións ou un conxunto de equipamentos cunhas dimensións máis reducidas.

Tracking Pixel Contents