Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Xosé Neira Vilas: “Sempre tiven máis contacto co outro lado do río que con Cruces”

Sangiao

Sangiao / susana formoso. Vila de Cruces

susana formoso. Vila de Cruces

Os ríos unen e as montañas separan y así se demostra co escritor Xosé Neira Vilas, que será nomeado mañán Fillo Adoptivo de Boqueixón. A pesares de ser da parte do Ulla pertencente a Vila de Cruces, onde naceu, a súa estreita relación co municipio boqueixanés levouno a que grande parte das súas vivenzas se desenvolvesen neste territorio.

¿Como recibíu a nova do seu nomeamento coma Fillo Adoptivo?

Para mín resulta moi entrañable esta designación, porque aínda que estou na fronteira entre o territorio de Vila de Cruces, onde nacín, e o de Boqueixón, poida que sempre tivese máis contacto con este que con Cruces. A relación nosa era moito coa outra beira do río. Coma fillo de campesiños, traballaba a terra cando os meus pais a tiñan, tamén no outro lado. Incluso traballei durante dous anos levando a contabilidade do aserradoiro en Camporrapado e indo todos os días alí. Teño moi bos recordos da xente que coñecín.

Tamén parte das súas raíces están en Boqueixón...

Os meus avós e o meu pai eran da parroquia de Oural. Na actualidade, teño dúas irmáns e varios sobriños vivindo en Camporrapado. Até o meu médico de cabeceira é o de Boqueixón, no Forte. Son moitos os amigos que teño neste municipio e sempre foron moi cordiais conmigo.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

Tracking Pixel Contents