Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Mercamelide abre as súas portas con boas expectativas de vendas

A Feira de Oportunidades, que cumpre xa 16 anos, contou con máis de trinta comercios // Os clientes poderán optar hoxe ao sorteo dun vale de 500 euros

Mercamelide abre as súas portas con boas expectativas de vendas

Mercamelide abre as súas portas con boas expectativas de vendas / ROSALÍA VERDÚ

ROSALÍA VERDÚ

A pesar de que as primeiras horas da mañá non se prodigaron en afluencia de xente, a XVI edición da Feira de Oportunidades de Melide, o Mercamelide, abría onte as súas portas con boas expectativas de vendas e de xente. O ferial, organizado polo Concello, en colaboración co Asetem-Cca, está considerado como unha das mellores feiras de saldos de toda a comunidade galega. E é que a variedade de produtos ofertados vai en progresión ascendente e, ademais, outro punto a favor desta cita é a boa relación calidade-prezo que presenta o produto que alí se expón.

Os expositores que concurriron a esta feira de saldos, que se desenvolverá ata hoxe nas instalacións do Pazo de Congresos e Exposicións de Melide foron máis dunha trintena. Neles o público pode atopar de todo, auténticas gangas a prezos casi de custo nalgúns casos.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

Tracking Pixel Contents