Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ames estuda novas posibilidades para o contrato das labores de lacería e canceira

Catuxa García explicou que antes de decidirse por Bando lle gustaría “coñecer como funcionará o centro en caso dun cambio no sistema directivo, ademais de saber se se realizarán traballos de ampliación das instalacións do refuxio e o custe que carrexarían”

Gallego

Gallego / M.B.

M.B.

AMES A concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Catuxa García, mantivo esta semana unha reunión con Noa Morales, concelleira compostelá de Benestar Animal, para comentar a actual situación do Refuxio de animais de Bando. O contrato que o Concello de Ames prorrogara coa empresa Servigal, encargada das labores de lacería e canceira no municipio, expira no mes de outubro, polo que a concellaría de Medio Ambiente sopesa actualmente distintas vías para continuar cumprindo con este servizo.

Catuxa García explicou que antes de decidirse por Bando lle gustaría coñecer como funcionará o centro en caso dun cambio no sistema directivo, ademais de saber se se realizarán traballos de ampliación das instalacións do refuxio e o custe que carrexarían .

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

Tracking Pixel Contents