Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O reparto de 32.000 tapas pon a Lugo como destino gastronómico

A entrega de premios desta edición do concurso abría a xornada de onte do San Froilán // Loquillo e Kepa Junquera, principais atractivos de hoxe

Concello de Lugo

Concello de Lugo / ALBERTO NOVA LUGO

ALBERTO NOVA LUGO

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez presidiu onte a entrega de premios do XII Concurso de Tapas, unha das actividades centrais da xornada nas festas de San Froilán 2016. No acto, celebrado no salón de plenos do Concello, participou tamén a concelleira de Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería e Turismo, Cheché Real.

Nesta edición do certame participaron 44 locais e a rexedora agradeceu á asociación hostelera a continuidade desta iniciativa, en colaboración co Concello, "que defende e impulsa unha cultura moi nosa, a do tapeo".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

Tracking Pixel Contents